A Costa, Mañufe, Gondomar
A Costa é un lugar da parroquia de Mañufe, no concello de Gondomar na comarca do Val Miñor. Segundo o INE en 2019 tiña 59 persoas empadroadas (29 homes e 30 mulleres). Esta pequena entidade de poboación sitúase a 4 km do centro da vila de Gondomar e a 120 metros de altitude sobre o nivel do mar[1].
A Costa | |
---|---|
Parroquia | Mañufe |
Concello | Gondomar |
Coordenadas | 42°05′51″N 8°46′21″O / 42.097444444444, -8.7723888888889 |
Poboación | 59 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarA Costa é un pequeno conxunto de casas situado nun outeiro que continúa á ladeira norte do Monte da Bouza. Limita ao norte e noroeste con San Brais e ao nordés con Seidóns, ao sur cunha masa forestal compartida coa Ameixera e ao sur e suroeste con Santo André e O Barco.
Contorno natural
editarO río Folón rodea polo oeste as terras e barrio da Costa, á altura do Monte da Bouza. Este pequeno leito fluvial permite o rego das hortas e terras de cultivo da zona. No seu paso deixa microtopónimos espallados na zona como O Charco da Gata, A Fonte da Parda, A Fonte da Ucha, A Fonte dos Vilariños, As Casas das Presas, segundo a recollida de toponimia feita polo Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello de Gondomar.[2]
Polo oeste destaca outra masa forestal de piñeiros e eucaliptos co microtopónimo A Regueira[2].
Ao sueste atópase O Souto do Barco, unha antiga masa forestal de castiñeiros hoxe mesturada con piñeiros e eucaliptos de novas plantacións[2].[3]
Patrimonio
editar- Casa A Fundación
- Artigo principal: Casa A Fundación.
Esta casa señorial, probablemente do século XVII, atópase na Costa. Actualmente en ruínas, asentábase sobre un pequeno outeiro sobre o río Folón (Río Pequeno na cartografía oficial) nomeado na zona como Río das Bouzas e tamén como Río da Costa. A vivenda principal tiña dúas plantas e dependencias auxiliares típicas dunha casa labrega na súa contorna: curral, cuadra, bodega, lagar e almacén. Para as labores de explotación contaba con muíño fariñeiro e unha levada de augas para o regadío
Notas
editar- ↑ "Parroquia de Mañufe". Concello de Gondomar. Consultado o 08/05/2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Toponimia de Gondomar". Concello de Gondomar. Arquivado dende o orixinal o 26/05/2020. Consultado o 08/05/2020.
- ↑ "Rutas de Gondomar". Wikiloc Concello de Gondomar. Consultado o 08/05/20.
Lugares e parroquias
editarLugares de Mañufe
editarLugares da parroquia de Mañufe no concello de Gondomar (Pontevedra) | |
---|---|
O Barco | O Campo das Bestas | A Costa | Cristillón | A Cruz | Fontán | Galisteo | A Goldra | O Lameiro | A Moreira | Nande | Penalba | Piquetes | A Ponte | A Portavedra | Pousada | O Rapadouro | San Brais | San Sebastián | Santo André | Seidóns | A Sequiña | A Texosa | O Verdeal |