All-Ireland League
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Mellore este artigo: niveis de cabeceiras Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A AIB League ou All Ireland League é a liga nacional de rugby de Éire, que inclúe a 48 equipos séniors divididos en tres divisións da República de Irlanda e Irlanda do Norte. Actualmente é a máxima categoría do rugby irlandés. A primeira división é semiprofesional. Os clubs son representados polos equipos provinciais de rugby, que compiten contra os equipos galeses e escoceses na Magners League.
Tipo | competición de rugby a 15 |
---|---|
Organizador | Irish Rugby Football Union |
Localización e Datas | |
Localización | Illa de Irlanda 53°21′04″N 7°55′16″O / 53.351, -7.921 |
País | Irlanda e Reino Unido |
Vixencia | 1990 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | irishrugby.ie… |
Os clubs da provincia de Munster dominaron historicamente esta competición, principalmente da man dos equipos de Limerick con 13 de 19 títulos.
Historia
editarA liga foi inaugurada na tempada 1990-91, ao igual que Gales, que tamén adoptou o modelo dun campionato de clubs segundo o modelo francés ese mesmo ano. Escocia foi o país precursor, disputando a súa primeira liga de clubs en 1974, e Inglaterra o fixo en 1987. O obxectivo era poder formar aos novos xogadores en mellores condicións de cara á Copa do Mundo de Rugby 1987.
Na tempada inaugural a liga non estaba patrocinada, mais durante seis anos foi patrocinada por Insurance Corporation, e dende 1998 por Allied Irish Banks. Por motivos de patrocinio actualmente é denominada AIB League.
Na primeira tempada, a primeira división estaba composta por nove clubs e a segunda por 10. En 1993 pásase a catro divisións (3 de 12 equipos e unha de 10). Logo da reforma de 1999 o número de divisións pasa a 3, cada unha formada por 16 clubs (48 en total).
As finais das tres divisións son disputadas polo xeral o mesmo día no estadio Lansdown Road de Dublín.
A IRFU anunciou que a estrutura de 3 divisións de 16 equipos continuaría canto menos as tempadas 2007-08 e 2008-09.[1]
Division 1
editarA Division 1 da AIB League foi a máxima categoría do rugby irlandés ata a tempada 2009-10, na que se dividíu en dúas categorías, a Division 1A e a Division 1B.
Campións por ano da Division One
editarTempada | Campión | Resultado | Finalista |
---|---|---|---|
2010-11 | Old Belvedere | 20 - 17 | Cork Constitution |
2009-10 | Cork Constitution | 17 - 10 | St Mary's College |
2008-09 | Shannon | 19 - 19[c][d] | Clontarf |
2007-08 | Cork Constitution | 18 - 8 | Garryowen |
2006-07 | Garryowen | 16 - 15 | Cork Constitution |
2005-06 | Shannon | 30 - 3[b] | Clontarf |
2004-05 | Shannon | 25 - 20 | Belfast Harlequins |
2003-04 | Shannon | 22 - 16[a] | Cork Constitution |
2002-03 | Ballymena | 28 - 18 | Clontarf |
2001-02 | Shannon | 21 - 17 | Cork Constitution |
2000-01 | Dungannon | 46 - 12 | Cork Constitution |
1999-00 | St Mary's College | 25 - 22 | UC Dublín |
1998-99 | Cork Constitution | 14 - 11 | Garryowen |
1997-98 | Shannon | 15 - 9 | Garryowen |
1996-97 | Shannon | ||
1995-96 | Shannon | ||
1994-95 | Shannon | ||
1993-94 | Garryowen | ||
1992-93 | Young Munster | ||
1991-92 | Garryowen | ||
1990-91 | Cork Constitution |
NOTAS:
[a] O Cork Constitution gañou máis puntos, mais perderon a final fronte ao Shannon.
[b] O Garryowen gañou máis puntos, mais perderons a semifinal fronte ao Shannon, que gañaría a final fronte ao Clontarf RFC.
[c] O Cork Constitution gañou máis puntos, mais caeu fronte ao Clontarf na semifinal, equipo que perdería a final fronte ao Shannon.
[d] O Shannon gañou a final ao anotar o primeiro ensaio do tempo suplementario, ao rematar o tempo regulamentario con empate a 19.
Campionatos por club
editar- Shannon 9
- Cork Constitution 4
- Garryowen 3
- Old Belvedere 1
- Young Munster 1
- St Mary's College 1
- Dungannon 1
- Ballymena 1
AIB League Division 1A na tempada 2010-11
editar- Blackrock College (Dublín)
- Cork Constitution (Cork)
- Dolphin (Cork)
- Garryowen (Limerick)
- Old Belvedere (Dublín)
- St Mary's College (Dublín)
- Shannon (Limerick)
- Young Munster (Limerick)
Palmarés da Division One A
editar2010 Cork Constitution-St Mary's College 17-10
AIB League Division 1B na tempada 2010-11
editar- Bruff (Bruff)
- Buccaneers (Athlone)
- Clontarf (Dublín)
- Dungannon (Dungannon)
- Galwegians (Galway)
- Lansdowne (Dublín)
- UL Bohemians (Limerick)
- UCC (Cork)
Palmarés da Division One B
editar2010 Old Belvedere
Division 2
editarAIB League Division 2 na tempada 2010-11
editar- Ballymena (Belfast)
- Ballynahinch RFC (Ballynahinch)
- Bective Rangers (Dublín)
- Belfast Harlequins (Belfast)
- Clonakilty (Clonakilty)
- Corinthians (Galway)
- DLSP (Dublín)
- Dublin University (Dublín)
- Queen's University (Belfast)
- Malone (Belfast)
- Midleton (Midleton)
- Old Crescent (Limerick)
- Old Wesley (Dublín)
- Terenure College (Dublín)
- Thomond (Limerick)
- UCD (Dublín)
Campións por ano da Division Two
editar1991 Old Wesley
1992 Dungannon
1993 Lansdowne
1994 Instonians
1995 Old Belvedere
1996 Old Crescent
1997 Clontarf
1998 Galwegians
1999 Dungannon
2000 Blackrock College
2001 University College Dublin
2002 Belfast Harlequins-UL Bohemian 43-29
2003 Dolphin-Old Crescent 29-19
2004 Dublin University-UL Bohemian 23-22
2005 UL Bohemian-St. Mary's College 18-12
2006 Terenure College-Dolphin non se disputou a final
2007 Greystones-Old Belvedere 37-21
2008 UCC-Young Munster 18-8
2009 UCC-Ballynahinch 21-28
2010 Lansdowne-Bruff 17-10
Division 3
editarAIB League Division 3 na tempada 2010-11
editar- Ards (Newtownards)
- Banbridge (Banbridge)
- Barnhall (Celbridge)
- City of Derri (Derry)
- Connemara (Clifden)
- Greystones (Greystones)
- Highfield (Cork)
- Instonians (Belfast)
- Naas (Naas)
- Navan (Navan)
- Nenagh Ormond (Nenagh)
- Rainey Old Boys (Magherafelt)
- Seapoint (Killiney)
- Sundays Well (Cork)
- Suttonians (Dublín)
- Wanderers (Dublín)
Campións por ano da Division Trhee
editar1994 University College Dublin
1995 North of Ireland
1996 Monkstown
1997 Buccaneers
1998 Portadown
1999 University College Dublin
2000 Ballynahinch
2001 Thomond
2002 Connemara-Dublin University 25-21
2003 Wanderers-Waterpark 51-5
2004 Greystones-Ards 18-11
2005 Greystones-Instonians 39-20
2006 Clonakilty-Suttonians 19-12
2007 Bruff RFC-Wanderers 18-12
2008 Instonians-Bruff RFC 32-23
2009 Corinthians-Old Wesley 12-30
2010 Queen's University-Nenagh Ormond 17-16
Division 4
editarCampións por ano da Division Four
editar1994 UL Bohemian R.F.C.
1995 Suttonians
1996 Carlow
1997 Midleton
1998 Dublin University
Formato
editarAta 1997, o campión da Primeira División era o campión da Liga Regular. Dende 1998, ao finalizar a liga regular (15 partidos), os catro primeiros clasificados disputan as semifinais nun cruzamento que enfronta ao 1º fronte ao 4º e ao 2º fronte ao 3º, e o vencedor da final proclámase campión de liga.
Actualmente, os dous primeiros clasificados da D1 B ascenden á D1 A, os dous últimos da D1 B descenden á D2 e os dous últimos clasificados da D1 A descenden á D1 B. Os dous primeiros clasificados da Segunda e Terceira Divisións ascenden á seguinte división. Os dous últimos clasificados da Primeira e a Segunda divisións descenden á anterior división. O último clasificado da Terceira División descende á Liga Rexional. Para remplazalo, o penúltimo clasificado da D3 xoga un minicampionato de promoción cos catro equipos rexionais (Connacht, Leinster, Munster e Ulster Provincial Junior Leagues) á Terceira División (Round Robin Competition). O campión deste minicampionato ocupa a última praza da liga.
A vitoria dá 4 puntos, o empate 2 puntos e a derrota 0. Os puntos de bonus ofensivos (4 ensaios ou máis anotados nun partido) e defensivos (perder por menos de 8 puntos) se dan reparten dende 1999.
Se un partido da final remata con empate ao final dos 80 minutos regulamentarios o seguinte criterio elixe ao vencedor:
- Xógase unha prórroga de dez minutos.
- Se logo da prórroga, o club anotou máis ensaios é o gañador.
- Se segue empatado, o club que finalizara nunha posición máis alta a Liga Regular é o campión.
Notas
editar- ↑ "No change to AIB League structure" (en inglés). 10 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Resultados da LigaArquivado 24 de setembro de 2008 en Wayback Machine.