O Midleton Rugby Football Club é un equipo de rugby irlandés da localidade de Midleton, Condado de Cork (Munster). Actualmente xoga na segunda división da All-Ireland League, a terceira categoría da liga de clubs de Irlanda.

Midleton RFC
NomeMidleton Rugby Football Club
Alcume(s)Tana
Fundación1927
SedeMidleton, Irlanda
Estadio(s)Towns Park, Midleton
Capacidade~400 espectadores
PresidentePaul McCarthy
AdestradorJames Colbert
Liga(s)AIB League Division 2
Casa
Na rede
web oficial

Historia editar

O club foi fundado orixinalmente na tempada 1927-28, mais desapareceu en 1934. O Midleton RFC foi refundado o 4 de marzo de 1967. Midleton foi ascendendo dende as competicións rexionais, buscando chegar á liga nacional, a All Ireland League, cousa que conseguiu en 1998 logo de gañar o Campionato de Munster. No 2001 ascendeu dende a Division 3 á Division 2. Na tempada 2006-07 o club viuse relegado novamente á Division 3. Entre os xogadores máis destacados que saíron do club están Tom Mulcahy, Gary Johnson, Ian Harty, Adrian Harty, Tom Lynch e Trevor Cox. Actualmente conta con xogadores importantes como Keith Cocking, James Colbert, Michael 'shmig' Daly e John Goold.

Palmarés editar

  • Munster Junior Cup (2) 1997-98
  • Cork Charity Cup (3) 1999, 2003, 2006
  • Munster Junior Clubs' Challenge Cup (1) 1997
  • Munster Junior League Division 1 (2) 1997-98
  • Munster Junior League Division 2 (1) 1994