Cork Constitution

Cork Constitution é un club de rugby con base en Cork.

Cork Constitution
NomeCork Constitution Football Club
Alcume(s)Con
Fundación1892
SedeCork, Irlanda
Estadio(s)Temple Hill, Ballintemple, Cork
Capacidade~1000 espectadores
Presidente Brian Ludgate
Adestrador Brian Walsh, Brian Hickey
Liga(s)AIB League
Casa
Fóra
Na rede
web oficial

Traxectoria

editar

Foi fundado polo equipo de traballadores do xornal Cork Constitution. Des que o xornal deixou de publicar os domingos, os seus traballadores procuraron actividades de entretemento para as tardes do Domingo. Para o verán, xogábase ao crícket, e no inverno o rugby foi a actividade designada. O equipo xoga os seus encontros en Temple Hill, na cidade de Cork. Cork Constitution é o único equipo que gañou a AIL Cup e a AIB Cup nos seus anos inaugurais 1991 e 2006.

O equipo formou moitos xogadores que xogaron co Munster Rugby e coa Selección de rugby de Irlanda. Neste período o Cork Constitution sempre foi competitivo, chegando á final da AIB League en cinco ocasións dende 2001 incluído; perdendo en 2001 contra o Dungannon, en 2002 contra o Shannon RFC (contra o que tamén perdería en 2004) e perdendo tamén en 2007 fronte ao Garryowen, contra o que finalmente gañarían en 2008 en Musgrave Park.

Palmarés

editar
  • All Ireland League (4) : 1991, 1999, 2008, 2010 (Div 1A)
  • All Ireland Cup (1) : 2006
  • Munster Senior League (23) : 1902, 1903, 1911, 1912, 1914, 1922, 1923, 1929, 1939, 1945, 1953, 1957, 1964, 1965, 1966, 1967, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1975, 1976, 1977, 1979, 1984, 1987, 1988, 1998.
    • Finalista : 1945, 1950, 1985, 1986, 1989
  • Munster Senior Cup (22) : 1905, 1906, 1907, 1910, 1922, 1923, 1929, 1933, 1942, 1943, 1946, 1957, 1961, 1964, 1965, 1967, 1970, 1972, 1973, 1983, 1985, 1989
    • Finalista(11) : 1920, 1921, 1928, 1932, 1935, 1936, 1968, 1975, 1996, 1999, 2007
  • Munster Junior Cup : 1949, 1951, 1956, 1957, 1958, 1973, 1982, 1983, 1986, 1987, 1988, 1992, 1994, 1995, 2003, 2005