1991: The Year Punk Broke
1991: The Year Punk Broke é un documental do ano 1992 dirixido por Dave Markey que amosa a unha serie de bandas estadounidenses de xira por Europa no ano 1991. O documental céntrase no grupo de rock alternativo Sonic Youth, pero tamén lle presta atención a Nirvana, Dinosaur Jr., Babes in Toyland, Gumball e Ramones. Tamén aparecen no filme Mark Arm, Dan Peters e Matt Lukin de Mudhoney, Courtney Love e Joe Cole, roadie de Black Flag e Rollins Band, que foi asasinado nun roubo tres meses despois de que a xira rematase. O ducumental está adicado a el.
1991: The Year Punk Broke | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Dave Markey |
Produtor | We Got Power Productions, Sonic Life |
Música | Sonic Youth, Nirvana, Dinosaur Jr., Babes in Toyland, Gumball, Ramones |
Distribuidora | Tara Films |
Estrea | 1992 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Na rede | |
https://wegotpowerfilms.com/films/punk.html | |
|
Nunha proxección do filme no festival All Tomorrow's Parties en Monticello, Nova York, Markey dixo que o título inicial do traballo ía ser "Tooth or Hair", un xogo de palabras co documental de Madonna Truth or Dare.
En setembro do ano 2011 o documental foi re-editado en DVD. As súas imaxes foron restauradas co son sincronizado novamente en estéreo PCM sen comprimir, baixo a supervisión de Sonic Youth. Esta inclúe tamén ao redor de 50 minutos extra de imaxes con varias actuacións ao vivo, unha rolda de prensa onde parte dos protagonistas da cinta falan da súa elaboración 12 anos despois do lanzamento orixinal, unha edición alternativa do tema "Teenage Riot" e o trailer do documental.
Listaxe de temas
editarEdición orixinal
editar- "Schizophrenia" - Sonic Youth
- "Negative Creep" - Nirvana
- "Brother James" - Sonic Youth
- "School" - Nirvana
- "Teenage Riot" - Sonic Youth
- "Freak Scene" - Dinosaur Jr.
- "Dustcake Boy" - Babes in Toyland
- "Dirty Boots" - Sonic Youth
- "Endless, Nameless" - Nirvana
- "I Love Her All the Time" - Sonic Youth
- "Pre" - Gumball
- "The Wagon" - Dinosaur Jr.
- "Mote" - Sonic Youth
- "Smells Like Teen Spirit" -
- "Commando" - Ramones
- "Kool Thing" - Sonic Youth
- "Polly" - Nirvana
- "Expressway to Yr Skull" - Sonic Youth
(This Is Know As) The Blues Scale
editarBaixo este título a edición en DVD amósanos 40 minutos de material extra no que poden escotarse os seguintes temas:
- "Inhuman" - Sonic Youth
- "White Kross" - Sonic Youth
- "Orange Rolls, Angels Spit" - Sonic Youth
- "In Bloom" - Nirvana
- "Eric's Trip" - Sonic Youth
- "Chapel Hill" - Sonic Youth
Ademais do anterior, o DVD conten ao redor de 6 minutos de metraxe en bruto, acompañadas polos temas de Sonic Youth "Mote" e "Flower".
Datas da xira
editarO filme ten lugar ao longo da xira europea de 1991 de Sonic Youth e Nirvana. As datas da xira, que aparecen ao principio do documental, son as seguintes:
Data | Cidade | País | Sala/Festival |
---|---|---|---|
20 de agosto de 1991 | Cork | Irlanda | Sir Henry's |
21 de agosto de 1991 | Dublín | Top Hat | |
23 de agosto de 1991 | Reading | Reino Unido | Festival de Reading |
24 de agosto de 1991 | Colonia | Alemaña | Monsters of Spex Festival - Tanzbrunnen |
25 de agosto de 1991 | Hasselt | Bélxica | Pukkelpop |
27 de agosto de 1991 | Bremen | Alemaña | Überschall 91 - Aladin Music Vestíbulo |
28 de agosto de 1991 | Halle | Easy Schorre | |
29 de agosto de 1991 | Stuttgart | Longhorn Country & Western Saloon | |
30 de agosto de 1991 | Nuremberg | Serenadenhof | |
1 de setembro de 1991 | Rotterdam | Países Baixos | Ein Abend In Wien - De Doelen |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)