Álvaro Bautista
Álvaro Bautista Arce, nado en Talavera de la Reina (Toledo) o 21 de novembro de 1984, é un piloto profesional de motociclismo. Poderíase considerar como un dos mellores saídos da canteira motociclistica española, xunto a pilotos do rango de Dani Pedrosa e Jorge Lorenzo. O seu maior logro foi converterse en campión do mundo de 125cc en 2006. Tamén foi campión de España de 125cc en 2003.
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Álvaro Bautista Arce 21 de novembro de 1984 (39 anos) Talavera de la Reina, España |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo |
Deporte | Motociclismo |
Disciplina deportiva | Motociclismo de velocidade Superbike (pt) |
Número deportivo | 19 |
Páxina web | alvarobautista.com |
Carreira Deportiva
editarInicios
editarComezou a montar en moto aos 3 anos e medio e realizou a súa primeira carreira en 1993 na modalidade de minimotos. En 1994 é subcampión de Madrid de minimotos na súa categoría, competindo con pilotos de maior idade, xa que Álvaro era alevín e corría xunto a xuvenís e cadetes.
Na tempada 1995-1996 proclámase campión de Madrid de minimotos. No ano 1997 volve gañar o campionato de Madrid de minimotos e dá o salto á Copa Aprilia de 50cc co campionato moi avanzado e alcanza, no entanto, un magnífico sexto posto na clasificación final e conseguindo o seu primeiro podio nesta categoría.
Para 1998, volve competir na Copa Aprilia, finalizando nun brillante terceiro posto xunto a Jorge Lorenzo (1º) e Joan Olivé (2º).
En 1999 é seleccionado de entre 400 pilotos por Alberto Puig para correr na Copa de promoción Movistar Activa, finalizando en quinta posición.
Para o ano 2000 volve correr na Copa Movistar, estando como reserva para o equipo Movistar Junior Team do campionato de España de 125cc.
125cc
editarDebuta no mundial en 2001 na categoría de 125cc comeza a tempada co Team Belart, cunha Yamaha 125cc de serie, ata mediados de tempada, cando o equipo Belart, retírase e a punto estivo o tamén de retirarse por falta de recursos, pero chegou Manuel Morente para fichalo e terminar o campionato de España.
No 2002, baixo a tutela de Manuel Morente corre o Campionato de España de Velocidade, o Campionato de Europa e catro carreiras do Mundial como pilotos invitado, en 125 cc coas cores do Team Atlético de Madrid. No campionato de España queda como subcampión e no campionato de Europa consegue varios podios.
En 2003, firma polo equipo Seedorf Racing pilotando unha Aprilia, competindo no mundial de 125cc e no campionato de España de 125cc. Consegue o campionato de España de 125 cc No primeiro ano de Álvaro en Seedorf Racing compartiu box con Héctor Barberá. Tras acabar a tempada, Barberá subiu a 250cc e Álvaro quedou como primeiro piloto da escuadra. Con todo, o equipo cambiou de Aprilia a Honda e o rendemento da nova moto deixou moito que desexar e os tempos empeoraron con respecto ao ano anterior polo que, ao finalizar o ano, cambiou de equipo.
Para o ano 2006 firma co Aprilia Aspar Team que dirixe Jorge Martínez Aspar e pasa a pilotar unha das Aprilias RS125 oficiais, conseguindo o seu maior título ata a data ao quedar como campión do mundo de 125cc a falta tan só de 3 carreiras, no circuíto Philip Island de Australia. Esa tempada consegue 8 vitorias no mundial.
250cc
editarTras conseguir o título de 125cc ascende de categoría en 2007 como piloto do Aprilia Aspar Team en 250cc e ten como compañeiro a Alex De Angelis. Consegue na súa tempada de debut na categoría dúas vitorias e termina en cuarta posición o mundial postulándose como un dos favoritos ao título para a seguinte tempada.
En 2008 segue no Aspar Team, sobre unha Aprilia 250 RSA oficial, sendo o piloto número 1 da marca de Noale. Ten como compañeiro a Héctor Faubel. Ao final debido a numerosas caídas ao longo da tempada non puido conquistar o título que foi a parar a Marco Simoncelli terminando Bautista como subcampion con 4 vitorias e 11 podios.
En 2009, Álvaro era unha das apostas do Aspar Team, pero nas últimas carreiras a sorte non estivo ao lado do piloto talaverano, que viu como se lle escapaba o mundial, en beneficio de Aoyama, por tres caídas de forma consecutiva.
En 2010, Bautista corre en Suzuki na máxima categoría, MotoGP, tendo como compañeiro ao piloto italiano Loris Capirossi. A mediados de maio rompeu a clavícula esquerda cando practicaba motocró, o que lle fixo perderse varias carreiras. Consegue dous quintos postos nos grandes premios de Cataluña e Malaisia, e realiza un bo tramo final de campionato.
En 2011 queda como único piloto oficial do equipo Rizla -Suzuki. No primeiro gran premio do ano sofre unha fractura no fémur esquerdo nos últimos adestramentos libres,[1] o que lle impide participar nas dúas primeiras carreiras, reaparecendo no gran premio de Portugal.
O 9 de novembro de 2011 faise oficial a súa fichaxe polo Team San Carlo Fonda Gresini de MotoGP, substituíndo no mesmo ao malogrado piloto Marco Simoncelli con quen tivera grandes batallas na categoría de 250cc e con quen disputaba a posición o día do seu terrible accidente no gran premio de Malaisia dese ano.
O 16 de xuño de 2012 consegue a súa primeira pole position en MotoGP.[2] Foi no Gran Premio da Gran Bretaña, nunha quenda de clasificación marcada pola choiva. O día seguinte acabou a carreira na cuarta posición, a súa mellor clasificación na máxima categoría ata o momento.
Resumo por tempadas
editarTempada | Categoría | Moto | Carreiras disputadas | Vitorias | Podios | Poles | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2002 | 125cc | Aprilia | 3 | 0 | 0 | 0 | 0 | - |
2003 | 125cc | Aprilia | 16 | 0 | 0 | 0 | 31 | 20º |
2004 | 125cc | Aprilia | 16 | 0 | 4 | 0 | 129 | 7º |
2005 | 125cc | Honda | 16 | 0 | 0 | 0 | 47 | 15º |
2006 | 125cc | Aprilia | 16 | 8 | 14 | 8 | 338 | 1º |
2007 | 250cc | Aprilia | 17 | 2 | 7 | 1 | 181 | 4º |
2008 | 250cc | Aprilia | 16 | 4 | 11 | 5 | 244 | 2º |
2009 | 250cc | Aprilia | 16 | 2 | 10 | 3 | 218 | 4º |
2010 | MotoGP | Suzuki | 17 | 0 | 0 | 0 | 85 | 13º |
2011 | MotoGP | Suzuki | 15 | 0 | 0 | 0 | 67 | 13º |
Total | 148 | 16 | 46 | 17 | 1188 |
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en castelán)
- MotoGP en Portalmix Arquivado 26 de novembro de 2007 en Wayback Machine. Novas, concursos, fotos e vídeos relacionados con Álvaro Bautista (en castelán)