Cianuro de hidróxeno
Xeral | |
---|---|
Nome | Cianuro de hidróxeno |
Fórmula química | HCN |
Aparencia | líquido incoloro |
Físicas | |
Peso molecular | 27,0 uma |
Punto de fusión | 260 K (-13 ̊C) |
Punto de ebulición | 299 K (26 ̊C) |
Densidade | 0,7 ×10³ kg/m³ |
Solubilidade | moi soluble |
Termoquímica | |
?fH0gas | 135,14 kJ/mol |
?fH0líquido | 109 kJ/mol |
?fH0sólido | 100 kJ/mol |
S0gas, 1 bar | 201,82 Jmol-1K-1 |
S0líquido, 1 bar | 113,01 Jmol-1K-1 |
S0sólido | ? Jmol-1K-1 |
Riscos | |
Inxestión | Extremadamente tóxico. Síntomas temperáns: náusea, vómitos e dor abdominal. |
Inhalación | Extremadamente perigoso. |
Pel | Crese que é posible o envelenamento a través da pel. |
Ollos | Meniñas dilatadas é un síntoma de envelenamento. |
Máis información | Hazardous Chemical Database (En inglés) |
O cianuro de hidróxeno é un composto químico cuxa fórmula é: HCN. A solución de cianuro de hidróxeno en auga é chamada ácido cianhídrico. O cianuro de hidróxeno puro é un líquido incoloro, moi velenoso e altamente volátil, que ferve aos 26 °C. Ten un lixeiro cheiro améndoas amargas, que algunhas persoas non poden detectar debido a un trazo xenético. O cianuro de hidróxeno é lixeiramente ácido. Os seus sales son coñecidos como cianuros.
O cianuro de hidróxeno prodúcese en grandes cantidades en todo o mundo pola industria química. É usado en tinxiduras, explosivos, produción de plásticos etc. Pode ser producido provocando a reacción entre un cianuro e un ácido forte, ou directamente de amoníaco e monóxido de carbono.
As froitas que teñen unha semente grande, como o aguacate ou o albaricoque, xeralmente teñen pequenas cantidades de cianuro de hidróxeno na súa semente. As améndoas amargas, das que se extrae o aceite de améndoa, tamén o conteñen. Algúns miriápodos úsano como medio de defensa. Tamén pode atoparse nos gases producidos por motores de vehículos, no fume do tabaco e no fume da combustión de plásticos que conteñen nitróxeno.
Unha concentración de 300 partes por millón no aire é suficiente para matar a un humano en cuestión de minutos. A súa toxicidade débese ao ión cianuro CN-, que inhibe a respiración celular. Por esta razón, o cianuro de hidróxeno era moi usado na Alemaña nazi como método de execución en masa.