Zhang Ziyi

actriz chinesa
(Redirección desde «Ziyi Zhang»)

Ziyi Zhang (chinés: 章子怡; pinyin: Zhāng Zǐyí), nada en Pequín o 9 de febreiro de 1979, é unha actriz de cine chinesa. É unha das actrices do seu país con máis éxito internacional. Ten traballado con directores como Zhang Yimou, Ang Lee, Wong Kar-Wai, Seijun Suzuki e Rob Marshall.

Zhang Ziyi
Nacemento9 de febreiro de 1979
LugarPequín
NacionalidadeRepública Popular da China
Educada enCentral Academy of Drama e Beijing Dance Academy
Cónxuxe(s)Wang Feng
Profesiónactriz, bailarina, modelo, actriz de teatro e actriz de cinema
Na rede
http://www.helloziyi.com/
IMDB: nm0955471 Allocine: 34513 Allmovie: p280898 TCM: 515555
Musicbrainz: d8bf201e-204f-481f-bc2c-748a22f3f1aa Discogs: 2687549 WikiTree: 章-1 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Filla dun economista e dunha mestra, os cales a inscriben a curta idade na escola de danza. Ziyi Zhang comeza a facerse notar ó gañar un concurso de danza nacional ós 15 anos. É entón cando o director Zhang Yimou a contrata para o filme O camiño a casa (Wo de fu qin mu qin), acerca dunha estudante que se namora do seu mestre. A forza da súa actuación agrada ós xornais do seu país, e menos de tres meses despois é chamada a protagonizar Wò hǔ cáng lóng, aclamada pola crítica internacional, ovacionada no Festival de Cannes e que se converte no filme estranxeiro con máis éxito de público da historia dos Estados Unidos. Dende entón a súa figura faise máis notable e é contratada para a súa primeira longametraxe estadounidense Hora punta 2, xunto ó exitoso Jackie Chan. Lamentablemente, a baixa calidade deste filme e a súa pouca aceptación afástana momentaneamente de Hollywood. En 2004 protagoniza A casa das dagas voadoras, que lle valeu un nomeamento á mellor actriz nos premios BAFTA e de novo o recoñecemento internacional, polo que é chamada por Steven Spielberg para protagonizar xunto a Ken Watanabe a súa produción Memorias dunha gueixa, filme polo cal obtén o seu primeiro nomeamento ó Globo de Ouro.

Filmografía editar

Ano Título Título chinés Papel Director
1996 Touching Starlight (TV) 星星點燈 Chen Wei Sun Wenxue
1999 The Road Home 我的父親母親 Young Zhao Di Zhang Yimou
2000 Wò hǔ cáng lóng 臥虎藏龍 Jen Yu Ang Lee
2001 Rush Hour 2 尖峰时刻 Hu Li Brett Ratner
The Legend of Zu 蜀山傳 Joy Tsui Hark
Musa (Corea do Sur), The Warrior 武士 (coreano: 무사) Princesa Bu-yong Kim Sung-su
2002 Heroe 英雄 Lúa Zhang Yimou
2003 Purple Butterfly 紫蝴蝶 Cynthia/Ding Hui Lou Ye
My Wife is a Gangster 2 我老婆是大佬2 Gangster boss Jeong Heung-sun
2004 2046 2046 Bai Ling Wong Kar-wai
A casa das dagas voadoras 十面埋伏 Mei Zhang Yimou
Jasmine Women 茉莉花開 Young Mo/Young Li/Young Hua Hou Yong
2005 Princess Raccoon 貍御殿 Princesa Tanuki Seijun Suzuki
Memorias dunha gueixa 艺伎回忆录 Sayuri Nitta/Chiyo Sakamoto Rob Marshall
2006 Yè Yàn 夜宴 Wan Feng Xiaogang
2007 TMNT 忍者神龟 Karai Kevin Munroe
2008 Mei Lanfang 梅蘭芳 Meng Xiaodong Chen Kaige
2009 Horsemen 骑士 Kristen Jonas Åkerlund
Sophie's Revenge 非常完美 Sophie Yimeng Jin
The Founding of a Republic 建国大业 Gong Peng Jianxin Huang
2011 Love for Life 最爱 QinQin Changwei Gu
2013 The Grand Master 一代宗師 Wong Kar-wai

Galardóns e nomeamentos editar

Premios BAFTA editar

Ano Categoría Filme Resultado
2005 BAFTA á mellor actriz Memorias dunha gueixa Candidata
2000 BAFTA á mellor actriz secundaria Wò hǔ cáng lóng Candidata

Globos de Ouro editar

Ano Categoría Filme Resultado
2005 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Memorias dunha gueixa Candidata

Satellite Awards editar

Ano Categoría Filme Resultado
2005 Mellor Actriz - Drama Memorias dunha gueixa Candidata

Véxase tamén editar