Abrir o menú principal

A casa das dagas voadoras

filme de 2004 dirixido por Zhang Yimou

A casa das dagas voadoras (en chinés: 十面埋伏, pinyin Shí miàn mái fú) é un filme de xénero wuxia do ano 2004, dirixida por Zhang Yimou. Estreouse en galego na TVG o 19 de setembro de 2008.[2]

A casa das dagas voadoras
Ficha técnica
Título orixinal十面埋伏 - Shí miàn mái fú
DirectorZhang Yimou
ProdutorWilliam Kong
Zhang Yimou
GuiónPeter Wu
Bin Wang
Zhang Yimou
IntérpretesAndy Lau
Takeshi Kaneshiro
Zhang Ziyi
Song Dandan
MúsicaShigeru Umebayashi
FotografíaZhao Xiaoding
MontaxeLong Cheng
DistribuidoraSony Pictures Classics
EstreaCannes: 19 de maio de 2004
Galicia 19 de setembro de 2008 (TVG)
Duración119 minutos
OrixeFlag of the People's Republic of China.svg China
Flag of Hong Kong.svg Hong Kong
XéneroDrama, amor
Orzamento$12 000 000[1]
Recadación$92 863 945

ArgumentoEditar

Corre o ano 859 a.C. e a dinastía chinesa Tang, outrora poderosa, entrou en decadencia. O malestar esténdese por todo o país, e o corrupto goberno ten que enfrontarse en todas partes con exércitos rebeldes. O máis poderoso é o da "Casa das Dagas Voadoras", que se está a facer cada vez máis forte grazas a un novo e misterioso líder. Dous capitáns, Leo e Jin, reciben a orden de capturalo e para iso artellan un minucioso plan. O capitán Jin finxe ser un guerreiro solitario chamado Vento e saca da cadea á revolucionaria cega Mei, que o levará ata o cuartel xeral da Casa das Dagas Voadoras, pero durante a viaxe, Jin e Mei namóranse profundamente.

PersonaxesEditar

Galardóns e nomeamentosEditar

  • 2004: Nomeada ó Oscar: Mellor fotografía (Zhao Xiaoding).
  • 2004: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor película de fala non inglesa.
  • 2004: 9 nomeamentos ós BAFTA, incluíndo mellor son, vestiario, efectos especiais.
  • 2004: National Board of Review: Mellor deseño de produción.

NotasEditar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "A casa das dagas voadoras en galego". DiarioSigloXXI. 19 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2014. Consultado o 4 de marzo de 2013. 

Véxase taménEditar