Filmes propostos ó mellor filme internacional na 77ª edición dos Óscar
Esta é unha lista dos filmes propostos na 77ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.
A lista oficial de filmes aceptados incluíu 51 filmes. Malaisia presentou un filme por primeira vez.[3] Os candidatos de Colombia, Hong Kong e Ucraína foron rexeitados antes de comezar o proceso formal de revisión, mais Colombia presentou outro filme no seu canto.[4][5] Os cinco nomeados (Alemaña, Francia, España, Suecia e Suráfrica) anunciáronse o 25 de xaneiro de 2005.[6] O galardón recaeu sobre España, co filme Mar adentro dirixido por Alejandro Amenábar.[7]
Propostas
editarDescualificacións
editar- A proposta orixinal de Colombia, María, llena eres de gracia, foi descualificada porque a Academia considerou que tiña demasiado diálogo en inglés.[5]
- A proposta de Hong Kong foi descualificada por problemas coa data de estrea.[8]
- Aproposta de Ucraína foi descualificada porque a Academia considerou que era unha produción principalmente rusa e non ucraína.[4]
Notas
editar- ↑ En abril de 2019 o nome da categoría cambiouse a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada: Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ "History of the Academy Awards - Page 2". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 23 de xuño de 2008.
- ↑ Hu, Brian (2004-12-21). "Asia Pacific Arts: Oscars in Full". Universidade de California, Os Ánxeles. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2008. Consultado o 2008-07-08.
- ↑ 4,0 4,1 Kaufman, Anthony. "Foreign Oscar Quandary: Academy Nixes "Maria," Colombia Adds "El Rey," and Other Stories from the Foreign-Lingo Category". indieWire. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2006. Consultado o 2008-07-08.
- ↑ 5,0 5,1 Goldstein, Patrick (2007-10-23). "THE BIG PICTURE: Oscars' foreign policy problem". Los Angeles Times. Consultado o 2008-07-08.
- ↑ "2005 Oscars 77th Academy Awards Nominees". Yahoo! Movies. 2005-01-25. Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2008. Consultado o 2008-07-08.
- ↑ "'Sea Inside' wins for best foreign film". Today.com. 27 de febreiro de 2005. Consultado o 8 de xullo de 2008.
- ↑ "Flying Daggers to vie for Oscar". china.org.cn. 2004-09-17. Consultado o 2008-07-27.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Cine |