The Legend of Zu
The Legend of Zu (en chinés: 蜀山傳) é un filme de Hong Kong dirixido por Tsui Hark que se estreou no 2001.
The Legend of Zu | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 蜀山傳 |
Director | Tsui Hark |
Produtor | Tsui Hark Brian Cox Anant Singh |
Guión | Lee Man-choi Tsui Hark |
Intérpretes | Ekin Cheng Louis Koo Cecilia Cheung Patrick Tam Zhang Ziyi Sammo Hung |
Música | Ricky Ho |
Fotografía | Herman Yau Poon Hang-sang William Yim |
Montaxe | Marco Mak |
Estudio | Film Workshop One Hundred Years of Film Company Ltd. |
Distribuidora | China Star Entertainment Group (Hong Kong) Miramax Films (USA) |
Estrea | 2001 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Hong Kong |
Xénero | Acción |
Orzamento | $35 000 000 |
Recadación | HK $11 757 088,00 |
Na rede | |
Sinopse
editarZu é unha antiga provincia onde o mundo infernal, o mundo das artes marciais e o mundo da luz se mesturan. É aquí onde as forzas do ben e do mal se enfrontarán nunha definitiva batalla. O Gran Mestre do Clan Omei guía ós seus discípulos, Lobo Azul e Falcón Vermello, para loitar contra Onyx e os seus perversos fieis. O mortal combate causa destrución e caos a grande escala. No fragor da liorta un erro de Falcón Vermello deixa que escape Onyx, quen corre a refuxiarse na Cova do Sangue, que tras anos pechada, volveu abrir nun monte preto de Zu. Entón ordénanlle a Falcón Vermello que vixíe o agocho e os movementos que poida facer Onyx mentres o Gran Mestre e o resto dos membros de Omei se reagrupan e preparan un plan para destruílo definitivamente. A única opción posible contra Onyx é unir o poder das espadas de Loba das Neves e Aguia Prateada nunha arriscada operación. Algo falla no proceso de unión e o espírito de Aguia Prateada queda encerrado na súa espada do Trono. A partir deste espírito, o gran Mestre prepara un novo home, Ying, ó que Lobo Azul e Loba das Neves, terán que preparar para intentar de novo a unión e vencer ás forzas do mal.
Personaxes
editar- Ekin Cheng como Lobo Azul
- Cecilia Cheung como Dawn / Enigma
- Louis Koo como Red
- Patrick Tam como Thunder
- Kelly Lin como Amnesia
- Zhang Ziyi como Joy
- Sammo Hung como White Brows
- Ng Kong como Hollow
- Wu Jing como Ying
- Lau Shun como Mestre Transcendental
- Lam Chi-tai (especialista)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filamffinity (en castelán)