Zaparín, Cortegada

parroquia civil do concello de Cortegada
(Redirección desde «Zaparín»)

San Martiño de Zaparín é unha parroquia do concello de Cortegada, comarca do Ribeiro, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 31 habitantes, dos cales 9 eran homes e 22 eran mulleres.

Zaparín
Ara romana de Zaparín.
ConcelloCortegada[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°13′03″N 8°07′23″O / 42.21738612, -8.1231047Coordenadas: 42°13′03″N 8°07′23″O / 42.21738612, -8.1231047
Poboación23 hab. (2017)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía editar

Zaparín atópase nun pequeno socalco sobre o canón do río Arnoia estando situada no punto xeográfico máis alto do concello de Cortegada dominando todo o val do concello da Arnoia e parte dos de Gomesende e Cartelle. Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Piñón e A Raíña, ao leste con Carballeda(abandonada dende os 80 ) e oeste con Louredo.

Historia e patrimonio editar

No lugar de Zaparín hai unha ara romana adicada aos deuses Ceceaigis. A igrexa parroquial é do século XVII con engadidos posteriores, como a espadana de 1911. No lugar da Torre hai un peto de ánimas só decorado por un atrio cuberto por falsa bóveda.

En 1218, Pedro Fernandi "milite de Zaparín" foi nomeado polo rei Fernando III de Castela casteleiro das fortalezas de Sande (Cartelle) e santa Cruz (Quintela de Leirado), que máis adiante tería un preito posto polo abade do mosteiro de Celanova por mor da titularidade da torre de Sande. Xa durante o Antigo Réxime o lugar pertenceu ao couto do priorado de Refoxos.

A parroquia foi creada no ano 1893, segregándose os seus lugares da de Refoxos.[2]

Ata mediados da década de 1990 tivo tenda de ultramarinos e foi lugar de paso cara ao Santuario do Val.

Lugares e parroquias editar

Lugares de Zaparín editar

Lugares da parroquia de Zaparín no concello de Cortegada (Ourense)

Cerdeiral | Fondevila | Piñón | A Raíña | A Torre | Zaparín

Parroquias de Cortegada editar

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cortegada

Cortegada (Santa María) | Louredo (San Xoán) | Meréns (San Cibrán) | Rabiño (San Bieito) | Refoxos (San Breixo) | Valongo (San Martiño) | Zaparín (San Martiño)

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar