Abrir o menú principal

Xosé Lois González Vázquez

debuxante galego

Xosé Lois González Vázquez, alcumado O Carrabouxo, nado en Ourense en 1949, é un debuxante galego.

Xosé Lois González Vázquez
Nacemento1949
 Ourense
NacionalidadeEspaña
PremiosMedalla Castelao
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

A súa familia era de Osmo (Cenlle) e alí pasou a súa infancia, ata que aos dez anos muda para Chantada[1]. Estudou na universidade laboral de Zamora e logo fixo a carreira de telecomunicacións en Alcalá de Henares e en Madrid, en 1968. Traballou como xefe provincial de Telecomunicacións en Ourense ata a súa xubilación en 2009[2], labor que compartía coa súa faceta de humorista gráfico. Foi membro da directiva da Agrupación Cultural Auriense e presidente deste colectivo durante 13 anos.

Colabora con regularidade nos xornais La Región de Ourense e Atlántico Diario de Vigo e tamén na revista Tempos Novos e o semanario A Nosa Terra, coa publicación de viñetas do Carrabouxo, personaxe que comparte o pseudónimo do autor e que creou en 1982.

Participou tamén en publicación colectivas, entre estas: Humor gráfico galego, Os humoristas e a lingua ou Humor y tolerancia, From Galicia whit humor, Visto para sentencia-vamos a reirnos muy en serio del racismo-europa se rie del racismo, e tamén nas publicacións da Bienal da caricatura de Ourense e na mostra internacional portuguesa Humorgrafe.

Recibiu a Medalla Castelao en 2008[3]. No 2013 recibiu o premio Bo e Xeneroso da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

O seu personaxe, O Carrabouxo, foi animado por Lhosca Arias no 2000 nunha serie titulada O Carrabouxo de 26 capítulos dun minuto de duración.

Obra publicada en formato de libroEditar

Humor gráficoEditar

  • Ano e pico de Carrabouxos
  • 20 anos de Carrabouxo (Deputación de Ourense)
  • Novos chistes de Xosé Lois (A Nosa Terra)
  • Humor gráfico.
  • Xosé Lois na transición (Universidade de Vigo).
  • 400 Carrabouxos mais
  • Carrabouxos 90
  • 20 anos de Carrabouxo
  • Veña Carrabouxo!
  • A Sabeliña
  • 318 chistes de Xosé Lois

Obras colectivasEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar