Félix Caballero
xornalista español
Félix Caballero Wangüemert, nado en Logroño en 1967, é un xornalista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (56/57 anos) Logroño, España |
Educación | Universidade de Navarra Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Vive en Galicia desde 1991.[1]
Traxectoria
editarLicenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra, graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios pola Universidade de Vigo e doutor en Investigación en Comunicación pola Universidade de Vigo coa tese Xaquín Marín, innovación e tradición no humor gráfico galego (2015).[2] Traballou como xornalista en El Correo Gallego, Ría de Vigo e España Exterior. Ten publicado artigos sobre o humor en libros colectivos e revistas de comunicación. Fixo viñetas de humor para xornais e revistas, como Ribera Navarra, O Correo Galego e Ollo Público.[3]
Obras
editarGalego
editar- O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro (2012). Cangas: Morgante. 174 páxs. ISBN 978-8415166436.
- O humor galego alén da retranca (2012). Cangas: Morgante. 144 páxs. ISBN 978-8415166429.
- O humor en cadriños II. Conversas con Pinto & Chinto, Santy Gutiérrez, Davila, Kiko da Silva e Meixide (2017). Cangas: Morgante. 178 páxs. ISBN 978-8415166665.
- Falemos de caricatura (2018). Con Siro. Vigo: Xerais. 120 páxs. ISBN 9788491213253.
- X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego (2018). Vigo: Galaxia. 240 páxs. ISBN 978-84-9151-168-7.[4]
- A retranca. Un intento de clarificación (2022). Vigo: Galaxia. 154 páxs. ISBN 978-84-9151-958-4.
Infanto-xuvenil
editar- O tesouro do casqueiriño (2023). Vigo: Galaxia. 96 páxs. ISBN 978-84-1176-044-7. Ilustracións de Evaristo Pereira.
Castelán
editar- Pienso, luego embisto (2000). Baartleby Ed. 80 páxs. ISBN 978-8495408051.
- Vinieras y te fueras dulcemente (2001). Ed. Cardeñoso. 80 páxs. ISBN 978-84-8190-218-1.
- Sólo sé que no sé nadar (2002). Ed. Caradeñoso. 102 páxs. ISBN 978-84-8190-258-7.
- 20 riojanos del siglo 20 (2018). Ed. Emilianenses. 164 páxs. ISBN 978-84-944886-5-8.
- Jesús, humorista. Comicidad, humorismo y sátira en los Evangelios (2019). Amazon. 321 páxs. ISBN 978-84-949835-2-8.
Notas
editar- ↑ "Autores". xerais. Consultado o 17 de xullo de 2023.
- ↑ "Dialnet Métricas - Caballero Wangüemert, Félix". dialnet.unirioja.es. Consultado o 2023-07-17.
- ↑ "Caballero, Félix". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-17.
- ↑ "X. Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-07-17.