Xornada Mundial da Xuventude 2016

A XXXI edición da Xornada Mundial da Xuventude da Igrexa católica realizouse en Cracovia no ano 2016. Foi a segunda que acolleu Polonia tras a realizada no ano 1991 en Częstochowa, co papa Xoán Paulo II.[1]

Mozos coas bandeiras da XMX de 2016 (ŚDM, nas súas iniciais en polaco).

A sede foi anunciada polo papa Francisco ao finalizar o acto da Xornada Mundial da Xuventude de Río de Xaneiro o 28 de xullo de 2013. Posteriormente anunciouse que se realizaría do 26 ao 31 de xullo de 2016.[2]

Legado de Xoán Paulo II editar

Karol Wojtyła (papa san Xoán Paulo II) naceu na localidade polaca de Wadowice o 18 de maio de 1920, pero identificou a Cracovia como a súa terra natal: ”Aquí, nesta terra nacín. Aquí, en Cracovia, pasei gran parte da miña vida (...) Aquí tamén sentín a vocación ao sacerdocio (...) Aquí, na Catedral de Wawel, fun consagrado bispo”.[3]

A Xornada Mundial da Xuventude iniciouse como unha invitación do papa san Xoán Paulo II aos mozos a reunirse en Roma para o Domingo de Ramos de 1984.[4] Máis de 300 milleiros de persoas asistiron á celebración. En 1985 coincidiu co Ano Internacional da Xuventude das Nacións Unidas. O 20 de decembro dese mesmo ano, o Papa anunciou a primeira Xornada Mundial da Mocidade, de 1986. A Xornada Mundial da Xuventude 2016, en Cracovia, foi a trixésima primeira celebrada.[5][4]

As Xornadas Mundiais da Xuventude desempeñaron un papel especial no papado de Xoán Paulo II, e tanto o papa Bieito XVI como o papa Francisco levaron a cabo as Xornadas Mundiais da Xuventude instituídas por san Xoán Paulo II, como un símbolo de esperanza para os mozos.[6][5]

Patróns e intercesores editar

Presenza en liña editar

A arquidiocese de Cracovia puxo en marcha unha páxina web oficial da Xornada Mundial da Xuventude 2016: www.krakow2016.com

Ademais, o evento contou cunha forte presenza nos medios sociais, coas páxinas lanzadas en Facebook, Twitter, Tumblr, Instagram, Google+, Ask, Weebly, Flickr e YouTube.[7]

Nos medios editar

  • España
  • Televisión
  • Radio
    • Radio María España
    • COPE
    • Radio Inter, Radio Intereconomía
    • RNE

Notas editar

  1. Cracovia acogerá la próxima JMJ en 2016
  2. "26th till 31st of July 2016, we are waiting for you in Krakow!". www.cgfmanet.org (en inglés). 28 de marzo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 13 de decembro de 2016. 
  3. "Cracovia – cuidad del Bendito san Juan Pablo II – amigo de los jóvenes". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2014. Consultado o 29 de xullo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "El camino de las jornadas mundiales de la juventud". www.vatican.va (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "World Youth Day - Frequently Asked Questions". www.usccb.org (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2018. 
  6. "About World Youth Day". WorldYouthDay.com (en inglés). 22 de xullo de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2018. 
  7. "xt3: Sigue a la JMJ 2016 en las redes sociales". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2016. Consultado o 29 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar