Xiao
páxina de homónimos
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Nome editar
Xiao provén do galego medieval Gian, Gião, este do latín iulianus, posibelmente dedicado a Xúpiter.[2][3][4] O nome galego conflúe cun xermánico, frecuente no galego medieval, nas formas Egila e Egilanus.
Variantes editar
O nome conta coas variedades Xillao, Xullán, Xuiao e Xulián. O feminino é Xiana coa variante Xuliana. Comparten raíz cos cos nomes Xulio e Xulia. Relaciónase cos significados xuvenil, rexo, vizoso e de raíces fortes ou perennes. O apelido Xiao tamén existe en chinés, e tamén hai galegos chamados Xiao vinculados coa orixe asiática.
Topónimos editar
Como topónimo galego Xiao pode referirse a:
- Xiao, lugar da parroquia de Cerdido no concello de Cerdido;
- O Xiao, lugar da parroquia de Olas no concello de Mesía;
- Xiao, lugar da parroquia do Val de Xestoso no concello de Monfero.
Como topónimo chinés Xiao pode referirse a:
- Condado de Xiao, condado na cidade-prefectura de Suzhou, na provincia de Anhui.
- Montañas Xiao, na provincia de Henan. Xiāo Xiāng era o nome tradicional de Henan.
- Río Xiao, afluente do río Xiang Jiang, que desemboca no lago Dongting, parte do sistema fluvial do río Yangtzé.
Outros editar
- Xiao (mitoloxía), personaxe de formas diversas da mitoloxía chinesa.
- Xiao (filosofía), concepto de piedade filial no confucianismo.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Notas
- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-08-15.
- ↑ Broughton, T. Robert S. The Magistrates of the Roman Republic, American Philological Association (1952) pp. 18/19
- ↑ Iulianus. En: du Fresne, Charles (1883–1887) Glossarium Mediæ et Infimæ Latinitatis
- ↑ Iulianus. En: Thurston Peck, Harry, ed. (1898) Harper's Dictionary of Classical Antiquities, New York: Harper & Brothers.