Piedade filial
Na filosofía confuciana, a piedade filial ou xiao (chinés tradicional e simplificado: 孝; pinyin: Xiào; Wade-Giles: Hsiao4) é unha virtude de respecto polos pais e os antepasados. A piedade filial é fundamental na filosofía confuciana. O clásico confuciano Xiaojing ou Clásico da piedade filial, probabelmente escrito ao redor do período Qin - Han, foi historicamente a fonte autorizada da doutrina confuciana da piedade filial. O libro, unha conversación entre Confucio e o seu estudante Zeng Shen (曾参, tamén coñecido como Zengzi, 曾子), trata sobre como crear unha boa sociedade usando o principio de Xiao.A expresión tamén se pode aplicar á obediencia en xeral.
Significado cultural
editarConfucianismo
editarDe acordo co Clásico da Piedade Filial, Confucio dixo unha vez:
Para Confucio, a piedade filial non era só unha lealdade cega aos pais. Máis importantes que as normas de Xiao, segundo Confucio, eran as normas de Rén (benevolencia) e Yi (xustiza).
A piedade filial foi enfatizada no confucianismo, porque a devoción aos pais adoitaba asociarse coa devoción ao estado.[3]
Budismo
editarNo budismo , especialmente nas súas primeiras formas na India, a renuncia ao mundo material e a separación das ataduras familiares e e sociais e de clase eran vistos como pasos esenciais para alcanzar a iluminación espiritual.[4] Dise que o mesmo Buda, por exemplo, deixou a súa familia para seguir a súa senda espiritual. Con todo, isto non significa que o budismo rexeitase a piedade filial en absoluto. Cando o budismo chegou a países como China, onde o Xiao era un valor profundamente arraigado, houbo unha adaptación. Neste contexto, ensinábase que, ao buscar a iluminación, unha persoa tamén podería beneficiar e honrar aos seus antepasados e familia. As interpretacións do budismo en diferentes culturas e tradicións poden variar amplamente, e mentres o budismo Theravada pode enfocarse máis na iluminación individual, outras tradicións poden dar máis énfase á interconexión e responsabilidade comunitaria. Na India, o budismo tamén defendía o celibato entre os seus monxes, o que era inaceptable na opinión de Confucio, quen citaba que era un deber ter fillos para continuar coa liñaxe dos pais.[5]
Tradición xudeocristiá
editarNa tradición xudeocristiá, o concepto de "piedade filial" ten analoxías co mandamento bíblico de "honrar ao teu pai e á túa nai". A palabra "filial" tamén se usa en títulos relixiosos nas igrexas cristiás, como sacerdote filial ou vicario filial, para un crego cuxa igrexa está subordinada a unha parroquia máis grande.[6]
Notas
- ↑ "Paintings with political agendas". Consultado o 12 de janeiro de 2012.
- ↑ Modelo:Citar libro
- ↑ Ver Analects 1:2, Xiao Jing chap.1
- ↑ Piyajatika Sutta, ou Sutta 87 da Majjhima Nikaya [http://www.accesstoinsight.org/tipitaka/mn/mn.087.than.html]
- ↑ Traylor, Kenneth L. Chinese Filial Piety. Bloomington: Eastern Press, 1988. páx. 110
- ↑ Wonsuk Chang; Leah Kalmanson (8 de novembro de 2010). Confucianism in Context: Classic Philosophy and Contemporary Issues, East Asia and Beyond. p. 68. ISBN 978-1-4384-3191-8.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: China |
Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |