Dez mandamentos
- Véxase tamén: Os dez mandamentos.
Os dez mandamentos ou decálogo son as dez leis que, segundo a tradición cristiá e xudía, foron ditadas por Deus a Moisés no monte Sinaí.
Existen versións diferentes segundo as Igrexas.
Son os seguintes, segundo o catecismo católico:
- Amarás a Deus sobre tódalas cousas.
- Non tomarás o Nome de Deus en van.
- Santificarás as festas.
- Honrarás o teu pai e a túa nai.
- Non matarás.
- Non cometerás actos impuros.
- Non roubarás.
- Non dirás falso testemuño nin mentirás.
- Non consentirás pensamentos nin desexos impuros.
- Non cobizarás os bens alleos.
Estes son os dez mandamentos orixinais, do libro do Éxodo na tradición católica:
- Non terás outros deuses alén de min.
- Non farás para ti imaxe de escultura.
- Non pronunciarás o nome do Señor, o teu Deus, en van.
- Lémbrate do sábado para santificalo.
- Honra teu pai e túa nai.
- Non matarás.
- Non cometerás adulterio.
- Non roubarás.
- Non darás contra o teu próximo falso testemuño.
- Non cobizarás.