Xesús Calviño de Castro
Xesús Calviño de Castro, nado en Abegondo o 29 de xaneiro de 1893 e finado en Buenos Aires o 3 de xuño de 1972, foi un escritor e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xaneiro de 1893 Abegondo, España |
Morte | 3 de xuño de 1972 (79 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Traxectoria
editarFillo dunha familia acomodada, os seus pais Pedro Calviño e María de Castro eran mestres. De neno viviu uns anos nas Torres de San Tirso (Pazo de Quiroga), pois o seu pai era o apoderado da familia. Emigrado á Arxentina en 1911 para evitar o servizo militar, integrouse na comunidade da diáspora galega, colaborou en El Despertar Gallego, Galicia, Lugo, Acción Gallega, Ecos de Galicia, Crítica, Nova Galicia, Correo de Galicia, Alborada e A Nosa Terra e dirixiu xornais dirixidos aos galegos e galegas da emigración. Tamén traballou como xornalista de radio na Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales.[1] Está soterrado no cemiterio Flores do Gran Buenos Aires.[2]
Obra
editarEn castelán
editar- Hojas dispersas, 1943.
- Bordón Peregrino, ilustrado polo pintor arxentino Pablo Fabisch, 1947.
En galego
editarEditáronse en 1999, de forma póstuma, as obras en galego de Calviño de Castro:[3]
- Forza segreda (teatro).
- Poemas inéditos e dispersos.
Vida persoal
editarCasou con Ercilia Quiroga Salinas na Arxentina o 14 de xullo de 1953, e quedou viúvo en 1960.
Notas
editar- ↑ Vilanova Rodríguez, A. Los Gallegos en la Argentina, vol. II. Centro Gallego de Buenos Aires: Ediciones Galicia, 1966.
- ↑ Delgado Corral, C. (ed.). Obra en galego de Xesús Calviño de Castro. Betanzos: Concello de Betanzos, 1999
- ↑ Obra en galego de Jesús Calviño de Castro
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Beade Dopico, Andrés. "Poetas de la emigración. Jesús Calviño de Castro" (PDF). Anuario Brigantino: 113–116.