Alberto Vilanova

ensaísta e profesor galego
(Redirección desde «Alberto Vilanova Rodríguez»)

Alberto Vilanova Rodríguez, nado en Ourense o 5 de xullo de 1910 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 1985, foi un ensaísta e profesor galego.

Alberto Vilanova
Nacemento5 de xullo de 1910
Lugar de nacementoOurense
Falecemento13 de maio de 1985
Lugar de falecementoOurense
SoterradoCemiterio de San Francisco de Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestre, xornalista e escritor
Na rede
Galiciana: 336124
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Cursou bacharelato e Maxisterio en Ourense, e Dereito e Filosofía e Letras en Madrid e Valladolid. Foi mestre en Almorfe e Trasmiras. Na República militou no republicanismo de esquerda, dirixiu as Juventudes de Acción Republicana de Ourense e colaborou en La Zarpa e Heraldo de Galicia. Co Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo preso no mosteiro de Oseira.

 
Reunión dos participantes do 1º Congreso da Emigración Galega. Sentados de esquerda a dereita: Alberto Vilanova, Xerardo Álvarez Gallego, Vicente Gómez Paratcha, Alfonso Díaz Trigo, Xavier Bóveda, Rafael Dieste e Laxeiro. De pé: Francisco Comesaña Rendo, Ramón de Valenzuela, Lois Tobío Fernández, Eduardo Blanco Amor, Xosé Velo, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Luís Seoane, Marcial Fernández Vázquez, Xosé Núñez Búa, Emilio González López, María del Carmen Soler, Mariví Villaverde e Antonio Baltar. Buenos Aires. 1956.

Finalizada a Guerra Civil traballou como profesor en colexios privados de Chantada e Ourense, onde tamén colaborou na revista Posío. Como consecuencia da invitación do Centro Ourensán para unhas conferencias, trasladouse a Buenos Aires en 1954. Na Arxentina conseguiu a praza de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa na Universidade Nacional da Plata. Entre 1956 e 1959 ocupou a cátedra de Cultura Galega no Centro Lucense de Bos Aires. Rexentou tamén as cátedras de Historia Medieval e Moderna e dirixiu o Instituto de Investigacións Históricas da Universidade Nacional do Nordeste. Foi presidente da Comisión de Cultura do Consello de Galiza.

Retornou a Galicia en 1982.

Vida persoal editar

Casou en Sanín (Ribadavia) con Nieves Fernández en marzo de 1936[1].

Obras editar

Premios editar

Galardoado co Premio Nacional de Historia en 1936 pola obra El Padre Mariana y la historiografía de su época e o de Socioloxía polo ensaio Joaquín Costa o el gran dolor nacional.

 
Sepultura no Cemiterio de San Francisco de Ourense.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 3-4-1936, p. 11.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar