Xericó[1][2] (en hebreo: יְרִיחוֹ = Yériho He-Jericho.ogg [jeʁiˈχo] ; en grego: Iεριχώ; en árabe: أريحا = Er Riha ou Arīhā ArJericho.ogg [ʔaˈriːħa] ) é unha cidade de Cisxordania, situada sobre terras da beira oeste do Xordán. É aínda a cidade situada a menor altura do mundo, pois fica nunha depresión a -240 baixo o nivel do mar. A poboación da cidade é de 17.000 habitantes, mais o concello conta na actualidade cuns 25.000 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaXericó
أريحا (ar)
יריחו (he) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoYarikh Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 31°51′22″N 35°27′47″L / 31.8561, 35.4631
EstadoEstado de Palestina
Territorio ocupadoCisxordania
GobernaciónsGobernación de Xericó Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación23.220 (2016) Editar o valor en Wikidata (393,56 hab./km²)
Lingua oficiallingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie59 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude−275 m Editar o valor en Wikidata
Creaciónc. século XCVI a. C. Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico02 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Eger
Calipatria (pt) Traducir
Kragujevac
Lión
Nantes
Santa Bárbara d'Oeste (pt) Traducir (1998–)
Lærdal (pt) Traducir (1998–)
Ilion (pt) Traducir (1999–)
Pisa (2000–)
Campinas (2001–)
Iași (2003–)
San Giovanni Valdarno (2003–)
Alessandria (2004–)
Osmangazi (pt) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webjericho-city.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461258
Cisxordania: Xericó localízase ao norte do Mar Morto.

O seu nome pode derivar do vocábulo cananita que significa "lúa" e indica que a cidade foi un dos primeiros centros do culto de divindades lunares. A pesar da súa extraordinaria antigüidade, Xericó é mencionado na Biblia por primeira vez no Libro dos Números.

Está considerada como unha das máis antigas cidades habitadas do mundo, senón a máis, tendo sacado a luz os arqueólogos os restos de máis de 20 asentamentos sucesivos, que remontan a 9.000 anos a.C.

En 2023, o sitio arqueolóxico do centro da cidade, coñecido como Tell es-Sultan / Antigo Xericó, foi inscrito na lista do Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, sendo descrito como a “máis antiga cidade fortificada do mundo”.[3][4]

Xeografía

editar
 
Xericó, ao fondo, vista desde o Monte da Tentación.

Xericó está situada nas terras da depresión do Mar Morto, a uns 240 metros baixo o nivel do mar, e na chaira do oeste do río Xordán, do cal dista 7 km. O concello ocupa unha superficie de cerca de 45 km². A zona onde está situada é de moi escasa pluviosidade, polo que depende para as necesidades de auga, de varias fontes, en especial da famosa de 'Ayn es-Sultan, que é a que fornece a subministración máis importante de auga, tanto para irrigación como para beber (o seu caudal é de 680 m³/h)[5].

O clima é moi seco, con características de clima desértico. A temperatura media anual é de 23,5 °C, porén a media de xaneiro é de tan só 8,5 °C, mentres nos meses do estío pode superar os 30 °C. A pluviosidade media anual é duns escasos 150 mm[6].

Economía

editar

A agricultura é o recurso tradicional da cidade e a súa contorna. Xericó ten sido descrita como a cidade das palmeiras (en árabe "madinat an-nakhil"), un lugar no que a abundancia de mananciais de augas tépedas e frías posibilitan o cultivo de limóns, laranxas, bananas, oliveiras e outras oleaxinosas, melóns, figos e uvas. O cultivo de cana de azucre foi levado polas cruzadas. O turismo, vinculado á súa proximidade a diversos lugares sagrados bíblicos e musulmáns, é unha crecente fonte de ingresos. A cidade posúe varios hoteis de diversas categorías, ademais de residencias de relixiosos que tamén dan albergue.

Lugares de interese

editar
 
Mosteiro da Tentación ou Dair Qunturul.

Na mesma cidade, nos seus arredores e tamén algo máis lonxe, pero moi ao alcance hai lugares de grandísimo interese relixioso, artístico e paisaxístico. Por orde de proximidade, cómpre citarmos:

Na cidade

editar
  • A cidade vella, con edificacións típicas,
  • Ayn as-Sultan ("a fonte do sultán"), o importante manancial que dá vida á cidade e ás súas hortas,
  • Sicómoro de Zaqueo, a árbore desde onde Zaqueo albiscou a Xesús, consonte a tradición,
  • Tell as-Sultan ("outeiro do sultán"), a 2 km ao nordeste da cidade, sitio arqueolóxico cos restos dunha das máis antigas cidades do mundo, predecesora da actual Xericó,
  • Tulul Abu al-Alayiq, a km ao oeste da cidade, con restos helenísticos, romanos e islámicos; cómpre destacar o "Palacio Asmodeo", a dinastía á que pertenceu o bíblico Herodes,

Nos arredores

editar
 
Mosaico no Palacio de Hixam.
  • Mosteiro de San Xurxo (Dair al-Qelt),
  • Mosteiro de Dair Hajlah,
  • Monte da Tentación (Jabal Quruntul) e o mosteiro do lugar (Dair al-Quruntul), o lugar onde Xesús se retirou por 40 días antes de comezar a súa misión pública e no transcurso dos cales foi tentado tres veces por Satán,
  • Muíños de azucre, sitos entre Tell as-Sultán e o Monte da Tentación,
  • Na'aran, a 4 km ao NW, antigo asentamento do período bizantino, que conserva delicados mosaicos dos séculos V e VI da nosa era.
  • Palacio de Hixam (Khirbet al-Mufjar), a 5 km ao N, antiga residencia de reis da dinastía Omeia, dsede o século VIII,
  • Maqam an-nabí Musa (Sepulcro do Profeta Moisés), a 8 km ao SW, o lugar onde, segundo a tradición islámica está enterrado Moisés; contén un santuario musulmán,
  • Río Xordán, a 7 km da cidade en dirección leste,
  • Mar Morto, a 10 km ao sur,
  • Cavernas de Qumram, a 20 km da cidade cara ao sur. O lugar onde foron descubertos os Rolos do Mar Morto, que conteñen escritos da comunidades dos esenios, contemporáneos de Xesús,

Debe tamén terse en conta que Xericó dista tan só 30 km de distancia de Xerusalén en dirección leste.

Historia

editar

Prehistoria

editar

Xericó, como xa se dixo, é unha das máis antigas cidades do mundo, e éo, segundo todas as evidencias coñecidas actualmente, no entanto o seu poboamento non foi ininterrompido desde a súa remota fundación, pois durante a maior parte do IV milenio sufriu un período no que non estivo poboada e sen que haxa unha explicación axeitada[7] .

Historia Antiga

editar

Foi unha cidade dos cananeos que supostamente foi conquistada por Xosuè (sucesor de Moisés), que a destruíu e prohibiu a súa reconstrución. Quiñentos anos máis tarde, sempre segundo os datos da Biblia, en tempos do rei Acab, Hiel de Betel refundouno, desafiando o veto estabelecido. Foi unha escola de profetas. A cidade pertencía á tribo de Benxamín, e limitaba cos territorios da Efraím. No 587 a.C. o rei Sedecías foi derrotado polos babilonios na chaira de Xericó; o reino de Xudá foi anexionado (586 a.C.) e a poboación deportada para Babilonia. Xericó foi repoboada cando o rei dos persas permitiu que os xudeus retornasen para as súas terras (537 aC).

A cidade foi tomada por Alexandre o Grande en 332 a.C.. Logo da súa morte pasou a depender dos Tolomeos de Exipto, ata que toda a Celesíria pasou aos seléucidas. A finais do século II a.C. caeu en mans dos Macabeos e, finalmente, en mans de Roma no 63 a.C.. Marco Antonio cedeu un palmeiral a Cleopatra, e pouco despois do ano 40 a.C., cando Herodes o Grande foi proclamado rei de Xudea, Xericó ficou incluída no seu reino, pero Herodes reservou as rendas do palmeiral para Cleopatra, aínda que despois as rescatou. Herodes posuíu Xericó até a súa morte, no 4 a.C.. Pasou entón as mans do seu fillo Arquelao de Xudea, que foi deposto o 6 d.C., sendo a cidade integrada na provincia romana de Xudea, formando unha das once toparquías. Estrabón e Plinio o Vello mentan as palmeiras e as fontes (entre elas a fonte de Eliseo, hoxe Ayn as-Sultan) e o primeiro tamén un pazo e un xardín de bálsamo. O pazo foi construído por Herodes como a residencia persoal e foi o lugar onde faleceu.

A cidade foi visitada por Vespasiano antes de saír do país, deixando alí a X Lexión. Tito destruíuna. Eusebio e San Xerome din que se construíu unha nova cidade, pero que as ruínas das dúas anteriores aínda se podían ver.

Idade Media e Moderna

editar

Foi bizantina até o ano 638, no que pasou ao Califato, período no que durante o goberno dos Omeias desde Damasco, foi edificado un pazo real na cidade. Durante as cruzadas formou parte do Reino de Xerusalén. A partir de 1516 foi otomá.

Época Contemporánea

editar

Despois de 1918, e tras a derrota do turcos, aliados dos Imperios centrais, na primeira guerra mundial, foi ocupada polos británicos e integrada no Mandato de Palestina. En 1948, en ocasión da repartición de Palestina, foi transferida a Transxordania. En 1967, a consecuencia da Guerra dos Seis Días, foi ocupada por Israel.

Vicisitudes contemporáneas

editar

Xericó foi a primeira cidade en pasar aos Territorios Palestinos Autónomos, traspasados á administración da Autoridade Palestinina a data de 13 de maio de 1994, após a sinatura dos primeiros Acordos de Oslo, e a teor dos Acordos israelo-palestinos sobre Xericó e Gaza no mesmo ano 1994.

Despois dun período de reocupación israelí durante a Segunda Intifada, Xericó foi devolta á Autoridade palestina o 16 de marzo de 2005.

Xericó na Biblia

editar
 
Os israelitas diante das murallas de Xericó.

Xericó foi, segundo relátase na Biblia, a primeira cidade do país de Canaan conquistada por Xosué e os hebreos, liberados de Exipto, aproximadamente en 1200 a.C. No Libro de Xosué cóntase a toma de Xericó e como, no sétimo día despois da chegada dos hebreos, as murallas de Xericó se esborrallaron, por simple vontade divina, despois de que os israelitas desfilasen sete veces arredor da cidade durante sete días, levando en diante a arca da alianza e sete sacerdotes facendo soar sete chofars (trompetas). Xericó foi logo arrasada por enteiro. A cidade e o botín foron entón maldicidos.

No Primeiro Libro dos Reis, en séculos posteriores, Hiel de Betel reconstrúe Xericó:

Puxo os alicerces ao prezo de Abiram, o seu primoxénito, e levantou as portas ao prezo de Segub, seu fillo máis novo, para cumprir a palabra que o Eterno dixera por boca de Xosué, fillo de Nun. [...]
  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 2223. ISBN 9788482893600. 
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417. 
  3. "Photos: Jericho’s Tell es-Sultan added to UNESCO World Heritage list". www.aljazeera.com (en inglés). Consultado o 2023-09-20. 
  4. Centre, UNESCO World Heritage. "Ancient Jericho/Tell es-Sultan". UNESCO World Heritage Centre (en inglés). Consultado o 2023-09-20. 
  5. Páxina web oficial do concello de Xericó
  6. Páxina oficial do concello de Xericó
  7. Eduardo Ripoll Perelló, Prehistoria e Historia del Próximo Oriente. Barcelona. Ed.Labor. 1975, 5ª edic., páx.88

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar