Xenovino

antiga moeda xenovesa
Xenovino
Genovino1.jpg
Porta de castelo.

+I•A•N•V•A (flor)

Cruz.

+•CVNRADVS•REX•

Xenovino (1252). Conrado II (1252-1268). AU. 3,49 g. 20 mm. Ceca: Xénova.

O xenovino (lígur: genovìn; italiano: genovino) foi unha moeda de ouro instituída na República de Xénova no século XII e cuñada desde o século XIII ata 1415, cando foi substituído polo ducado.

CaracterizaciónEditar

 
Porta de castelo, típica da moeda xenovesa.

Esta moeda tiña un peso de 3,49 gramos e un diámetro aproximado de 20 mm, e estaba cuñada en ouro de 24 quilates.[1][2]

A tipoloxía das primeiras emisións está caracterizada pola imaxe da porta dun castelo nos seus anversos (característica da moeda xenovesa), rodeada pola lenda +I•A•N•V•A ("porta" en latín"), que se pronuncia dun xeito moi semellante ao nome da propia cidade de Xénova no dialecto xenovés da lingua lígur.[2][3]

Pola súa banda, nos seus reversos amósase unha cruz rodeada pola lenda +•CVNRADVS•REX•, alusiva a Conrado II (1252-1268).[2][4]

HistoriaEditar

O xenovino foi creado mediante un edicto xenovés de 1149, aínda que a súa especie física non se cuñou ata un século despois.[5] As novas remesas de ouro que chegaron á Europa occidental que comezaron a chegar no século XIII procedentes do Sudán, a través das caravanas que cruzaban o Sáhara permitiron a Florencia e a Xénova o florecemento das súas cuñaxes neste metal.[3][6]

Neste contexto, o xenovino foi cuñado por vez primeira en 1952 a nome de Conrado II, pouco antes das primeiras emisións áureas florentinas.[1] Nesta primeira época, xunto coa unidade, cuñáronse tamén fraccións da oitava parte (ottavino) e da cuarta parte (quartarola)[7][8], e na época do Dux Simone Boccanegra (1339-1344 e 1356-1363) batéronse tamén cuartos e terzos (terzarola)[9].[5][10]

A partir do período de Boccanegra, as moedas de ouro amosan unha numeración consecutiva (por exemplo, DVX PRIMVS, DVX XVII, etc.) en función do Dux que estivese no poder, o que permite aproximar a súa datación.[5]

 
Xenovinio a nome de Carlos VI de Francia (1396-1409)

Xa baixo o dominio francés, o rei Carlos VI (1396-1409) conservou a tipoloxía do xenovino. Os derradeiros xenovinos cuñados foron a nome do Dux Bernabé de Guano (DUX XVIII), que morreu apenas dez días despois de asumir o cargo, en 1415, polo que o número de exemplares cuñados foi moi escaso.[5]

O sucesor do xenovino foi o ducado, no propio 1415, que en Xénova conservou a tipoloxía da porta do castelo no anverso e a cruz no reverso.[5]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Genovino d'oro". Martinori, E. (1915). Páxinas 179-180.
  2. 2,0 2,1 2,2 "1 Genovino I type". Numista.com
  3. 3,0 3,1 Cipolla, C. M. (2012). Le avventure della lira. Il Mulino. ISBN 978-8815240897
  4. "Genovino". Frey, A. R. (1916). Páxina 92.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Genovino". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  6. Chapin Lane, F.; Kohl, B. G. (1987). Studies in Venetian social and economic history. Variorum. ISBN 978-0860782025. Páxina 348.
  7. "Quartarola". En Enciclopedia Italiana (1935). Treccani.
  8. Desimoni, C. D. (1890). Tavole descrittive delle monete della Zecca di Genova dal 1139 al 1814. Tip. del R. Istituto Sordo-Muti
  9. "Terzarola". En Enciclopedia Italiana (1935). Treccani.
  10. Janin, E. (1995). "Zecca di Genova: le frazioni del genovino d'oro". En A Campagna. Xaneiro/febreiro.. Artigo 8.

Véxase taménEditar

BiblografíaEditar