Abrir o menú principal

William Howard Stein

químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense
(Redirixido desde "William H. Stein")

William Howard Stein nado en Nova York o 25 de xuño de 1911 e finado na mesma cidade o 2 de febreiro de 1980, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química en 1972.

William Howard Stein
Nobel prize medal.svg
Datos persoais
Nacemento25 de xuño de 1911
LugarFlag of the United States.svg Nova York, Estados Unidos
Falecemento2 de febreiro de 1980
LugarFlag of the United States.svg Nova York, Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstadounidense
Cónxuxe
  • Actividade
    Campo
  • Bioquímica
  • Alma máter
  • Universidade Harvard
  • Universidade de Columbia
  • Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Ribonuclease
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1972)
  • editar datos en Wikidata ]

    Índice

    TraxectoriaEditar

    Estudou química na Universidade Harvard, onde se licenciou en 1930, e posteriormente doctorouse na Universidade de Columbia en 1939. Na Universidade Rockefeller de Chicago iniciou a súa investigación baixo a dirección de Max Bergmann, xunto a Stanford Moore e, posteriormente, foi nomeado catedrático de bioquímica.

    Investigación científicaEditar

    Xunto a Stanford Moore logrou completar a secuencia da molécula da ribonucleasa, observando a natureza e orde dos seus cento vinte e cinco aminoácidos. Foi a primeira encima cuxa estrutura se clarificou definitivamente.

    En 1972 foille concedido a metade do Premio Nobel de Química, que compartiu con Stanford Moore, polos seus traballos sobre a relación entre a estrutura química e a actividade catalítica do núcleo das molécula da ribonucleasa. A outro metade do premio recaeu nos traballos independentes de Christian B. Anfinsen sobre a ribonucleasa.

    Véxase taménEditar