Geoffrey Wilkinson
Geoffrey Wilkinson, nado o 14 de xullo de 1921 en Todmorden, Inglaterra e finado o 26 de setembro de 1996 en Londres, foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1973.
Geoffrey Wilkinson ![]() | |
---|---|
![]() Sir Geoffrey Wilkinson en 1976 | |
Datos persoais | |
Nacemento | 14 de xullo de 1921 |
Lugar | Todmorden ![]() |
Falecemento | 26 de setembro de 1996 (75 anos) |
Lugar | Londres ![]() |
Residencia | ![]() |
Nacionalidade | inglés |
Cónxuxe | |
Actividade | |
Campo | |
Alma máter | |
Director de tese | |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | |
Premios | Bolsa Guggenheim Membro da Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Biografía editar
Estudou química na Universidade de Londres, onde se graduou en 1941, e onde en 1955 foi nomeado profesor de química inorgánica.
En 1976 foille concedida a distinción de sir por parte da raíña Isabel II do Reino Unido.
Investigacións científicas editar
En 1942 o profesor Friedriech A. Paneth recrutaba químicos mozos para o proxecto da enerxía nuclear. Wilkinson entrou na selección e foi enviado ao Canadá, onde permaneceu nos Laboratorios de Chalk River en Montreal ata 1946.
Posteriormente traballou xunto a Glenn Theodore Seaborg na Universidade de Berkeley en California, realizando estudos de taxonomía nuclear, e despois foi nomeado profesor asociado no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) onde iniciou a súa investigación sobre os compostos organometálicos dos metais de transición como o monóxido de carbono e os alquenos. Mediante a utilización de espectros de difracción de raios X conseguiu atopar a constitución destes compostos, demostrando como estes contiñan un átomo de ferro encerrado entre dous aneis de ciclopentadieno paralelos, hoxe en día chamados ferroceno.
Durante a súa curta estancia na Universidade Harvard realizou investigacións sobre as funcións da excitación dos protones no cobalto.
O 1973 foi galardoado co Premio Nobel de Química, xunto co químico alemán Ernst Otto Fischer, polos seus traballos sobre compostos organometálicos.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1973 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel 1973 (en inglés)
- Geoffrey Wilkinson en Biografías y vidas
Predecesor: Stanford Moore, Christian Anfinsen e William Howard Stein |
Premio Nobel de Química 1973 con Ernst Otto Fischer |
Sucesor: Paul J. Flory |