Stanford Moore

químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense

Stanford Moore nado o 4 de setembro de 1913 en Chicago (Estados Unidos) e finado o 23 de agosto de 1982 en Nova York, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1972.

Stanford Moore
Nobel prize medal.svg
Datos persoais
Nacemento4 de setembro de 1913
LugarChicago Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento23 de agosto de 1982
LugarNova York Estados Unidos de América Estados Unidos
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadeestadounidense
Cónxuxe
  • Actividade
    Campo
  • Bioquímica
  • Alma máter
  • Universidade de Vanderbilt
  • Universidade de Wisconsin–Madison
  • Director de teseKarl Paul Link
    Contribucións e premios
    Coñecido por
  • Ribonuclease
  • Premios
  • Premio Nobel de Química (1972)
  • editar datos en Wikidata ]

    BiografíaEditar

    Estudou química na Universidade Vanderbilt en 1935, graduándose como Cum laude. Realizou o doutoramento en química orgánica en 1938 na Universidade de Wisconsin-Madison. Na Universidade Rockefeller de Chicago iniciou os seus traballos de investigación xunto a Max Bergmann e foi nomeado profesor de bioquímica. Durante a segunda guerra mundial estivo adscrito no Departamento de Investigación Científica e Desenvolvemento en Washington, D.C..

    Investigacións científicasEditar

    A partir de 1945 comezou a colaborar activamente con William Howard Stein nas súas investigacións sobre a estrutura da ribonucleasa, nas cales axudoulles en gran medida o seu método de análise de aminoácidos mediante unha columna cromatográfica de separación cuantitativa. Ambos os bioquímicos idearon e perfeccionaron un analizador automático de aminoácidos, indispensable hoxe en día no estudo das proteínas e que permitiron medir a actividade catalítica das encimas.

    En 1972 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química, que compartiu con William H. Stein, polos seus traballos sobre a relación entre a estrutura química e a actividade catalítica do núcleo das moléculas da ribonucleasa. A outra metade do premio recaió en Christian B. Anfinsen polos seus traballos sobre a ribonucleasa.

    Véxase taménEditar

    Ligazóns externasEditar

    Predecesor:
    Gerhard Herzberg
    Premio Nobel de Química
     

    1972
    con
    Christian Anfinsen
    e William Howard Stein
    Sucesor:
    Ernst Otto Fischer
    e Geoffrey Wilkinson