Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Antón Fraguas
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Antón Fraguas editar
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 11/4/2019 - 11/5/2019
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2019 ás 07:45 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 11-04-2019 ata o 11-05-2019.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo completo, ben referenciado e con bastantes imaxes para ilustralo.--Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2019 ás 07:45 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2019 ás 07:45 (UTC)[responder]
- Concordo --. HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2019 ás 19:34 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 14 de abril de 2019 ás 18:40 (UTC)[responder]
- Concordo. --Dodro (conversa) 15 de abril de 2019 ás 21:59 (UTC)[responder]
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 26 de abril de 2019 ás 08:40 (UTC)[responder]
- Concordo --Chairego apc (conversa) 5 de maio de 2019 ás 13:37 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Gústame o artigo, pero incluílo dentro da categoría de calidade para 12/16, que entendo que implica dalgún xeito simplificalo, e ó mesmo tempo bo, a secas, coido que leva consigo unha contradición. --Agremon(contacto) 12 de abril de 2019 ás 19:55 (UTC)[responder]
- Comentario Agremon, que estea na categoría de calidade 12/16 non implica simplificalo, significa melloralo para que sexa un artigo de calidade, para que o alumnado desas idades poida consultar artigos do seu currículo de calidade. E que un artigo sexa de calidade non implica que non sexa comprensible para eles, hai que conxugar as dúas cousas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2019 ás 22:24 (UTC)[responder]
- Coido que no caso 12/16 calidade deve levar consigo usabilidade, simplicidade e desviación a lugar con maior cantidade de contido. Noutro lugar deixei xa a miña idea de que contemplar artigos específicos para o ensino (ou 12/16, de xeito semellante) é máis ocmplicado didácticamente do que parece.--Agremon(contacto) 14 de abril de 2019 ás 08:57 (UTC)[responder]
- Pregunta: E por que este home está nesa lista de artigos de calidade 12/16? Que méritos ten? Un terzo das referencias son referencias dos libros, sección desmesurada en comparación co tamaño do resto do artigo, proporía eliminar todos os libros da entrada e crear unha lista. Tampouco voi emitir voto algún porque non dispoño de tempo para valorar ningunha proposta, deixo isto só para reflexión e como proposta de mellora (necesaria na miña opinión). Piquito (conversa) 12 de abril de 2019 ás 22:32 (UTC)[responder]
- Comentario Piquito, está nesa lista porque é a personalidade escollida para o Día das Letras Galegas 2019, o alumnado de 12/16 seguramente terá que consultalo, e unha cousa non ten que ver coa outra. Sobre a lista de obras, quizais estaría ben reducila pero, que criterio usamos para eliminar entradas? Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2019 ás 23:20 (UTC)[responder]
- Elisardojm, deixar ningún, todos a unha lista, como cos artigos de personalidades da composición musical, todos os artigos dese tema que teñen marca de calidade ou de artigo bo dirixen a listas nas obras por ser personalidades cunha obra extensa. Na miña opinión os artigos de personalidades deben tratar as personalidades e trazos da súa obra/pensamento, pero non adicar a metade do artigo a unha lista de obras, non concordo con esa visión e considero que debería evitarse. Por outra banda, non vexo moita utilidade aos artigos das cronobiografías, unha liña que presenta acontecementos da vida dunha personalidade confrontados con eventos históricos que na maioría das ocasións nada teñen que ver coa personalidade en cuestión, tampouco os artigos de galerías de imaxes, que para iso temos Commons, nin poñer unha galería con máis imaxes ao final do artigo. Piquito (conversa) 12 de abril de 2019 ás 23:45 (UTC)[responder]
- Piquito, concordo en que debería reducirse e esa lista pasarse a outro artigo, o que non concordo é en eliminala completamente do artigo, unha biografía dunha personalidade ten que indicar, como mínimo, cales foron as súas principais obras. Sobre a cronobiografía e a páxina de galería de imaxes non vexo problema, están noutras páxinas, non no artigo, é información adicional e tamén de utilidade. Quizais esa sección podería reducirse indicando só os libros, pasando o contido a unha lista. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2019 ás 06:05 (UTC)[responder]
- Elisardojm, para min hai un erro de base no artigo no tema da obra. O artigo pon ao mesmo nivel artigos publicados en publicacións que os libros, a lista non fai distinción, e para min é obvio que non están ao mesmo nivel os libros que os artigos. Tamén se sinala como obra cada entrada na Gran Enciclopedia Galega que redactou... todo isto fai que a lista sexa un follón, non sabes se estás buscando libros, artigos, entradas dunha enciclopedia... para min a lista non hai por onde collela, é demasiado extensa en comparación co resto do artigo (como xa dixen) e nin sequera está organizada minimamente en xéneros para que a xente que a quera consultar o faga dun xeito rápido e cómodo. Se non hai un libro no que aparezan publicados todos os artigos eu eliminaríaos todos do artigo, do mesmo xeito que as entradas enciclopédicas que fixo, se queres deixar os libros adiante, pero toda esa lista é excesiva dende o meu punto de vista. Por outra banda insisto en que habería que ampliar as seccións relativas á propia vida desta persoa. Piquito (conversa) 24 de abril de 2019 ás 14:15 (UTC)[responder]
- Concordo con Piquito en que a lista non é amigable á hora de buscar algo, o que vai en contra do criterio de accesibilidade/lexibilidade. Pero tampouco teño claro como se debería organizar. Tematicamente semella o máis útil, pero acaba sendo complicado. Por forma da fonte (libro, enciclopedia, revista) estaría ben e logo dentro agrupadas ao mellor por título de fonte (hai un montón en Vida Gallega, por exemplo). Saúdos, Elisardojm, HdH.--Maria zaos (conversa) 25 de abril de 2019 ás 22:17 (UTC)[responder]
- Piquito, HombreDHojalata, Maria zaos: A lista está ordenada por data de publicación, isto permite seguir no tempo o traballo do autor, penso que esa ordenación é bastante axeitada debido á extensión e variedade da obra. O problema é que non se pode facer unha lista ordenada por tódalas cousas de interese, quizais podería meterse nunha táboa ordenada, pero non sei que tal quedaría visualmente, tentarei facer unhas probas e xa vos conto. Un problema que atopei é que nalgúns casos non está claro se a obra é un libro ou un artigo, penso que iso si sería moi interesante diferencialo xa que non teñen a mesma entidade, quizais a sección debería dividirse, como mínimo, en dous apartados diferentes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de abril de 2019 ás 07:54 (UTC)[responder]
- Concordo con Piquito en que a lista non é amigable á hora de buscar algo, o que vai en contra do criterio de accesibilidade/lexibilidade. Pero tampouco teño claro como se debería organizar. Tematicamente semella o máis útil, pero acaba sendo complicado. Por forma da fonte (libro, enciclopedia, revista) estaría ben e logo dentro agrupadas ao mellor por título de fonte (hai un montón en Vida Gallega, por exemplo). Saúdos, Elisardojm, HdH.--Maria zaos (conversa) 25 de abril de 2019 ás 22:17 (UTC)[responder]
- Elisardojm, para min hai un erro de base no artigo no tema da obra. O artigo pon ao mesmo nivel artigos publicados en publicacións que os libros, a lista non fai distinción, e para min é obvio que non están ao mesmo nivel os libros que os artigos. Tamén se sinala como obra cada entrada na Gran Enciclopedia Galega que redactou... todo isto fai que a lista sexa un follón, non sabes se estás buscando libros, artigos, entradas dunha enciclopedia... para min a lista non hai por onde collela, é demasiado extensa en comparación co resto do artigo (como xa dixen) e nin sequera está organizada minimamente en xéneros para que a xente que a quera consultar o faga dun xeito rápido e cómodo. Se non hai un libro no que aparezan publicados todos os artigos eu eliminaríaos todos do artigo, do mesmo xeito que as entradas enciclopédicas que fixo, se queres deixar os libros adiante, pero toda esa lista é excesiva dende o meu punto de vista. Por outra banda insisto en que habería que ampliar as seccións relativas á propia vida desta persoa. Piquito (conversa) 24 de abril de 2019 ás 14:15 (UTC)[responder]
- Piquito, concordo en que debería reducirse e esa lista pasarse a outro artigo, o que non concordo é en eliminala completamente do artigo, unha biografía dunha personalidade ten que indicar, como mínimo, cales foron as súas principais obras. Sobre a cronobiografía e a páxina de galería de imaxes non vexo problema, están noutras páxinas, non no artigo, é información adicional e tamén de utilidade. Quizais esa sección podería reducirse indicando só os libros, pasando o contido a unha lista. Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2019 ás 06:05 (UTC)[responder]
- Elisardojm, deixar ningún, todos a unha lista, como cos artigos de personalidades da composición musical, todos os artigos dese tema que teñen marca de calidade ou de artigo bo dirixen a listas nas obras por ser personalidades cunha obra extensa. Na miña opinión os artigos de personalidades deben tratar as personalidades e trazos da súa obra/pensamento, pero non adicar a metade do artigo a unha lista de obras, non concordo con esa visión e considero que debería evitarse. Por outra banda, non vexo moita utilidade aos artigos das cronobiografías, unha liña que presenta acontecementos da vida dunha personalidade confrontados con eventos históricos que na maioría das ocasións nada teñen que ver coa personalidade en cuestión, tampouco os artigos de galerías de imaxes, que para iso temos Commons, nin poñer unha galería con máis imaxes ao final do artigo. Piquito (conversa) 12 de abril de 2019 ás 23:45 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ OlaElisardojm. Non teño tempo a pararme con toda a lista, xa repasei algunhas das referencias onte, pero se me dis casos concretos nos que dubides sobre se é libro o artigo, tento comprobarcho. Indícamos na miña páxina de conversa. Un saúdo. --Maria zaos (conversa) 26 de abril de 2019 ás 08:00 (UTC)[responder]
- Por alusións, Elisardojm, deixei clara a miña opinión sobre a lista e sobre o artigo en xeral. Para min non é merecedor da distinción de artigo bo, amais de que a sección da biografía é insuficiente desde o meu punto de vista (de feito ata a sección dos recoñecementos é enorme en comparación coa biografía), e que a lista de obras é desproporcionada e desorganizada na miña opinión, o artigo presenta partes considerables sen referenciar. Sei que nada diso se vai solucionar, podería votar en contra, mais polo momento voume abter de votar. Non quero seguir esta discusión porque para min este artigo non é relevante como para adicarlle tanto tempo. Piquito (conversa) 26 de abril de 2019 ás 21:39 (UTC)[responder]
Bueno, bueno, bueno. Por suposto discrepo de amputarlle brazos, pernas e cortarlle a cabeza ao artigo, tal e como se propón aquí, nun ataque gratuíto e sen sentido, sen lelo nin ler nada relacionado co tema. A listaxe de obras é o máis importante. O persoeiro está nas enciclopedias polas súas obras non por que case acabase traballando de ferroviario en Brasil. De feito, unha simple ollada á extensa listaxe de obras proporciona moitísima información. A saber: en que períodos publicou, se publicou libros ou artigos integrados en publicacións periódicas, cal é a extensión do seu traballo, que temas tratou, en que linguas publicou, que editoriais admitiron os seus traballos... Está información é importantisima e é esencial para poder comprender a envergadura do persoeiro. Se se eliminan todas esas cousas que propón o compañeiro eliminar (non alcanzo a comprender con que obxectivo ou interese), unicamente quedaría na páxina un conxunto de anécdotas sobre a súa vida, de interese enciclopédico relativo. A un estudoso da súa obra dálle igual que a muller se chamase Teresa ou se chamase Juana. --. HombreDHojalata.conversa 14 de abril de 2019 ás 08:53 (UTC)[responder]
- Comentario Que conste que o lugar de nacemento é o concello de Cotobade, non Cerdedo-Cotobade, concello credo en 2016. --Dodro (conversa) 6 de maio de 2019 ás 13:59 (UTC)[responder]