Oblast’

entidade subnacional de Belarús, Bulgaria, a Federación Rusa e Ucraína
(Redirección desde «Voblast»)

Unha oblast’/obladas[1] ou vóblasts/voblasts (en ruso область (feminino), en ucraíno: область, en búlgaro: о́бласт, en belaruso: вобласьць, transcrito: voblasts) é o nome de entidades subnacionais de Belarús, Bulgaria, a Federación Rusa, Ucraína, ademais de existir na antiga Unión Soviética.

As obladas están nun nivel por debaixo do nacional e subdivídense en distritos chamados raiony ou rayony (en ruso: районы; en ucraíno: райони). A palabra pode traducirse por "rexión" ou "provincia".

En Belarús utilízase unha palabra similar, voblast (voblasts), e en Casaquistán úsase a variante oblys (plural: oblystar).

Obladas de Bulgaria

editar

Desde 1999, Bulgaria está dividida en 28 oblasti, que se acostuma traducir como rexión. Con anterioridade, o país subdividíase en 9 unidades maiores, tamén chamadas oblast.

Obladas na Unión Soviética e estados sucesores

editar

Na Unión Soviética, as obladas eran as divisións de cada unha das Repúblicas Soviéticas. Algunhas obladas da RSS de Rusia tiñan unha estrutura complicada, composta non só por raións e cidades, sino tamén por entidades autónomas.

Nas repúblicas postsoviéticas a oblast’ está un nivel por debaixo do nacional. Subdivídese ademais en distritos chamados raións (en ruso: районы; ucraíno: райони). Unha gran cidade pode ser parte constituínte dunha oblast’, no mesmo nivel que un raion.

As obladas noutros países postsoviéticos chámanse oficialmente:

Viloyat e welayat proveñen do árabe wilaya.