Vladimir Aleksandrovich de Rusia

Vladímir Aleksandrovich de Rusia (en ruso: Владимир Александрович) nado en Tsarskoe Selo o 22 de abril de 1847 e finado na mesma cidade o 17 de febreiro de 1909, foi o cuarto fillo dos tsares Alexandre II de Rusia e de María de Hesse, filla de Lois II de Hesse-Darmstadt. Era irmán do tsar Alexandre III de Rusia, que reinou de 1881 a 1894, e tío do último tsar de Rusia Nicolao II.

Infotaula de personaVladimir Aleksandrovich de Rusia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1847 Editar o valor em Wikidata
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte17 de febreiro de 1909 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaJazigo dos Grão-Duques (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do Consello de Estado do Imperio Ruso
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónestadista , militar , arquitecto Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Rango militarXeneral
axudante xeneral
General of the Infantry (Imperial Russia) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra ruso-turca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloGran Duque Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Holstein-Gottorp-Romanov Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Pavlovna da Rússia (1874–)
FillosCirilo Vladimirovich de Rusia, André Vladimirovich da Rússia (pt) Traducir, Boris Vladimirovich da Rússia (pt) Traducir, Helena Vladimirovna da Rússia (pt) Traducir, Grand Duke Alexander Vladimirovich of Russia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlexandre II de Rusia Editar o valor em Wikidata  e María de Hesse Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlexandra Alexandrovna da Rússia (pt) Traducir, Nicolao Aleksandrovich de Rusia, Alexandre III de Rusia, Alexis Alexandrovich da Rússia (pt) Traducir, Maria Alexandrovna da Rússia (pt) Traducir, Sérgio Alexandrovich da Rússia (pt) Traducir, Paulo Alexandrovich da Rússia (pt) Traducir, Prince George Alexandrovich Yuryevsky (en) Traducir, Olga Yurievskaya (pt) Traducir e Princess Catherine Alexandrovna Yurievskaya (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Romanov-14 Find a Grave: 52683210 Editar o valor em Wikidata

Ocupou importantes cargos políticos e militares durante os reinados do últimos tres tsares de Rusia.[1]

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Nado o 22 de abril de 1847 no palacio de Tsarskoe Selo[2], o gran duque Vladimir Aleksandrovich Romanov foi o cuarto fillo do tsar Alexandre II de Rusia e de María de Hesse-Darmstadt.

Aos 8 anos, o tsar Nicolao I morría, de modo que o seu pai pasaba a sucedelo como tsar de Rusia.[2] O Gran Duque Vladimir Aleksandrovich recibiu unha educación esmerada, interesándose pola literatura e as artes. Como os membros homes da dinastía Romanov, estivo involucrado na carreira militar. Trala morte do tsarévich Nicolao Aleksandrovich, Vladimir Aleksandrovich quedou como segundo herdeiro ao trono.[2] A diferenza do seu irmán Alexandre, Vladimir demostrou ser ambicioso, e a punto estivo de ser novo herdeiro ao trono cando o seu irmán quixo casar de forma morganática, pero finalmente non o fixo.[3] A relación entre os dous irmáns, aínda que foi cordial, nunca foi moi calorosa.[4]

Matrimonio e descendencia editar

 
O Palacio de Vladimir visto desde a fortaleza de San Pedro e San Paulo

Vladimir Aleksandrovich casou o 28 de agosto de 1874 en San Petersburgo[5] coa duquesa María Isabel Leonor Alexandrina de Mecklemburgo-Schwerin (1854-1920), que tomou o nome de María Pavlovna trala súa conversión á fe ortodoxa.[5] Era filla do Gran Duque Frederico Francisco II de Mecklemburgo-Schwerin e da Princesa Augusta de Reuss-Köstritz.[6] María era bisneta da Gran Duquesa Helena Pavlovna de Rusia, filla do Emperador Paulo I de Rusia. Por tanto, Vladímir era primo segundo do pai de María. Con todo, segundo a ascendencia de Frederico Guillerme III de Prusia, os cónxuxes eran primos segundos. Vladimir e a súa muller foron a vivir ao Palacio de Vladimir, construído polo seu pai para el entre 1867-1872.[7]

A parella tivo cinco fillos:

O fillo máis vello de Vladimir, o gran duque Cirilo Vladimirovich de Rusia casou en 1905 coa súa prima irmá Vitoria Melita de Saxonia-Coburgo-Gotha, filla da gran duquesa María Aleksandrovna de Rusia. Este matrimonio foi rexeitado por Nicolao II[8], pois a Igrexa Ortodoxa rusa prohibía o matrimonio entre primos irmáns, polo que Cirilo foi desposuído do seu título imperial. Ademais, Vitoria Melita estaba divorciada do seu primeiro marido, algo que non se vía apropiado na conservadora corte rusa, máis aínda se este era o irmán da tsarina, o gran duque Ernesto Lois de Hesse-Darmstadt. O tratamento do seu fillo creou unha loita entre Vladímir Aleksandrovich e o tsar. Con todo, despois de varias mortes na familia, Cirilo quedou terceiro na liña de sucesión ao trono imperial, e Nicolao II acordou restablecelo nos seus títulos imperiais,[8] dándolle á súa esposa o título de Gran Duquesa Vitoria Feodorovna.[8]

Vladimir Aleksandrovich morreu en 1909. Despois da Revolución rusa de 1917, Cirilo Vladimirovich foi proclamado emperador en París en 1924, no exilio. Desta maneira, a liña do gran duque Vladimir Aleksandrovich recibiu a condición de agnada da casa imperial. Vladimir Aleksandrovich era o avó paterno do pretendente, o gran duque Vladimir Kirilovich de Rusia, nado en 1917.

Devanceiros editar

Notas editar

  1. Van der Kiste, The Romanovs 1818-1959, p. 72
  2. 2,0 2,1 2,2 Chavchavadze, The Grand Dukes, p. 103
  3. Chavchavadze, The Grand Dukes, p. 105
  4. Zeepvat, The Camera and the Tsars, p. 136
  5. 5,0 5,1 Zeepvat, Romanov Autumn, p. 95
  6. Zeepvat, Romanov Autumn, p. 94
  7. Van der Kiste, The Romanovs 1818-1959, p. 68
  8. 8,0 8,1 8,2 Perry & Pleshakov, The Flight of the Romanovs, p. 100

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar