Vicuña

Especie de camélido suramericano
(Redirección desde «Vicugna»)

A vicuña[2], (Vicugna vicugna) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia dos camélidos e do grupo dos camélidos suramericanos que mora no altiplano andino, entre os 3 000 aos 4 600 metros por riba do nivel do mar, no noroeste da Arxentina, o oeste de Bolivia, o nordés de Chile, sectores dos Andes do Ecuador, e nas alturas andinas do Perú, país que posúe a principal poboación da especie. Especificamente pace na puna, unha estepa elevada, desértica e desprovida de árbores, localizada por riba das zonas cultivadas.

Vicuña

Vicuña no sur do Perú, Rexión Arequipa.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Tylopoda
Familia: Camelidae
Tribo: Lamini
Xénero: Vicugna
Especie: V. vicugna
Nome binomial
Vicugna vicugna
Molina, 1782
Distribución da vicuña.
Distribución da vicuña.

Distribución da vicuña.

A alpaca é unha especie domesticada que deriva da vicuña, con achegas xenéticas menores da llama.[3] É o animal que posúe o menor tamaño dentre os camélidos andinos, chegando, no máximo, a 1,30 metros de altura e podendo pesar até 40 kg. A súa pelaxe é moi fina e ten alto valor comercial; por ese motivo, a vicuña estivo a piques da extinción por mor dos cazadores ilegais. A poboación de vicuñas, que chegou a ter apenas 25 000 exemplares, chega actualmente case a 170 000 (aproximadamente 100 000 viven no Perú) e o número vén crecendo nunha media do 8% por ano.

Etimoloxía editar

A verba galega vicuña (en portugués: vicunha) provén do quechua huik'uña, a través do español americano vicuña[4].

Descrición editar

A vicuña está ben adaptada á vida nese ambiente inhóspito. A súa pelaxe está constituída da la da mellor calidade, que é moi valorada e utilizada polo ser humano desde a era precolombiana. Esta la protéxea do extremo frío e dos fortes ventos da puna e serve como un acolchamento para o corpo cando descansa no chan. En comparación cos camelos do vello mundo, a vicuña posúe cascos máis profundamente bipartidos, permitindo que camiñe e corra con máis xeito nas abas rochosas, penedos e pedras soltas, comúns na puna (Koford, 1957). Outra importante adaptación son os dentes semellantes aos de roedores, que crecen acotío e permiten que a vicuña se alimente de pequenos arbustos herbáceos e gramíneas perennes a rentes do chan. A vicuña é o único ungulado que posúe incisivos de raíz aberta e crecemento continuo. A vicuña é un dos catro representantes vivos da familia dos camelos que atopamos en América do Sur, sendo os outros tres o guanaco (Lama guanicoe), a llama (Lama glama) e a alpaca (Vicugna pacos). A vicuña e o guanaco son especies salvaxes, mentres que a llama e a alpaca son domesticadas.[5]

Notas editar

  1. Baldi, R. & Wheeler, J. (2008). "Vicugna vicugna". Lista Vermella da IUCN de Especies en Perigo (en inglés). IUCN 2008. Consultado o 3 January 2009. 
  2. Nome vulgar galego en Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  3. Wheeler, J.; Kadwell, M., Fernández, M., Stanley, H. F., Baldi, R., Rosadio, R. & Bruford, M.W. (2001). "Genetic analysis reveals the wild ancestors of the llama and the alpaca". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 268 (1485): 2575–2584. doi:10.1098/rspb.2001.1774. Artigo completo, Resumo. 
  4. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edición. Río de Xaneiro: Nova Fronteira, 1986. p.1 774
  5. Ecoloxía e Manexo da Vicuña

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Sahley C.., Torres J., Sánchez J., Cruz A., Umasi M. e Márquez A. 2004. Gestión Ambiental de la vicuña. Arequipa, Perú.
  • Cruz, A. e Sánchez, M. 2010. La vicuña peruana.
  • Cruz, A. 2005. Plan de manejo Multicomunal Picotani. Puno, Perú.
  • Vilá, B.L. 2000. *Comportamiento y organización social de la vicuña.* pax. 175-192. En: Manejo Sustentable de la Vicuña. Ed. por Gonzales B., Bas F., Tala C., & Iriarte A. Servicio Agrícola ganadero. Pontificia Universidad Católica de Chile, FIA. SAG. Santiago, Chile. ISBN 956-7987-00-9. pag e ISBN

Ligazóns externas editar