Ventura Pérez Mariño

político galego

Ventura José Emilio Pérez Mariño, nado en Vigo o 29 de decembro de 1948 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 2024,[1] foi un xurista e político galego. Foi maxistrado da Audiencia Nacional, deputado no Congreso e alcalde de Vigo.

Ventura Pérez Mariño
Nacemento29 de decembro de 1948
Lugar de nacementoVigo
Falecemento14 de febreiro de 2024
Lugar de falecementoVigo
Causapárkinson
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e xurista
CónxuxeDolores Galovart
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

En 1993 pediu a excedencia do poder xudicial para presentarse como candidato independente ao Congreso dos Deputados, encabezando a lista do PSdeG pola provincia de Lugo. Deixou o cargo o 13 de febreiro de 1995 a instancias do partido, catro días despois de romper a disciplina do grupo parlamentario votando en contra do goberno en catro ocasións. Amais, solicitaba publicamente a dimisión do presidente Felipe González, a formación dun goberno de xestión e a convocatoria de eleccións anticipadas[2][3].

En 2003 encabezou como independente a lista do PSdeG nas eleccións municipais do 25 de maio no concello de Vigo. Tras un acordo co Bloque Nacionalista Galego, Pérez Mariño foi nomeado alcalde, pero o 29 de novembro dese mesmo ano foi derrocado logo dunha moción de confianza esixida polo Bloque[4], saldada cos votos favorables á súa xestión do PSdeG (8 concellarías) e o grupo mixto (2 votos), e contrarios do PPdG (10) e BNG (7)[5]. O BNG rompeu o pacto de gobernabilidade e retirou o apoio ao alcalde logo de meses de dificultades e desencontros no goberno local[6]. Corina Porro, daquela portavoz do grupo municipal popular, gobernou en minoría até as seguintes eleccións. O 5 de xullo de 2005 Ventura Pérez renunciou á acta de concelleiro alegando motivos "estritamente persoais"[7].

Vida persoal editar

Estivo casado coa tamén xuíz Dolores Galovart e foi pai de Claudia e Denís Pérez Galovart.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Predecesor:
Lois Pérez Castrillo
 
Alcalde de Vigo

2003
Sucesor:
Corina Porro