Corina Porro
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
María Corina Porro Martínez, nada en Ferrol o 1 de decembro de 1953, é unha política galega e diplomada en enfermería pola Universidade de Santiago de Compostela[1].
María Corina Porro Martínez | |
![]() Corina Porro nun coloquio no 2011 | |
13 de decembro de 2003 – 16 de xuño de 2007 | |
Precedido por | Ventura Pérez Mariño |
Sucedido por | Abel Caballero |
Datos persoais
| |
Nacemento | 1 de decembro de 1953 (69 anos) Ferrol, (Pontevedra) ![]() |
Partido | PPdeG |
Profesión | Enfermeira e política |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Residencia | Vigo, ![]() |
Traxectoria editar
Concelleira polo PPdeG no concello de Vigo entre 1995 e 1999. Foi directora xeral de Servizos Sociais entre 1999 e 2001. Deputada do Parlamento de Galicia e Conselleira de Asuntos Sociais durante o período 2002-2003. Foi senadora por designación autonómica entre 2004 e 2006 e nas Eleccións Xerais de 2008 pola provincia de Pontevedra[2].
Chegou a alcaldía de Vigo no 2003 tras unha moción de confianza perdida polo socialista Ventura Pérez Mariño, asociada á aprobación das ordenanzas fiscais, na que votaron a favor os dez concelleiros do PPdeG e os sete do BNG e en contra os oito concelleiros do PSdeG-PSOE e os dous de PROVI. Permaneceu no cargo ata as eleccións locais de 2007, nas cales, aínda que a súa lista conseguiu 13 concelleiros, a suma dos concelleiros socialistas (9) e do BNG (5) levaron á alcaldía o socialista Abel Caballero. Foi presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo (2009-2011). En xullo de 2019 foi nomeada Delegada da Xunta de Galicia en Vigo, cargo que ostentou ata xuño de 2020 por mor da convocatoria das eleccións autonómicas de 2020. En agosto de 2020, tralas eleccións e logo da constitución da Mesa do Parlamento de Galicia, foi nomeada Secretaria do Parlamento de Galicia.[3]
Notas editar
- ↑ Biografía en galegos.info
- ↑ "Corina Porro en www.senado.es". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 02 de setembro de 2007.
- ↑ Santiago, X. A. T. (2020-08-08). "Feijóo coloca a Corina Porro como secretaria de la Mesa y Diego Calvo repite como vicepresidente". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-03-03.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Porro Martínez, María Corina". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 124.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 456. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corina Porro |
Ligazóns externas editar
Predecesor: Ventura Pérez Mariño |
Alcaldesa de Vigo 2003-2007 |
Sucesor: Abel Caballero |
Predecesor: nova creación |
Conselleira de Asuntos Sociais 2001-2003 |
Sucesor: María Xosé Cimadevila |
Predecesor: Suso Paz |
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo 2009-2011 |
Sucesor: Ignacio López-Chaves |