Venancio Gavín Gallo

agrarista galego

Venancio Gavín Gallo, nado en Santa Marta de Meilán (Riotorto), foi un agrarista galego.

Venancio Gavín Gallo
Nacementoséculo XIX
Lugar de nacementoSanta Marta de Meilán
Falecementoséculo XX
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Estudou no Seminario de Mondoñedo até 1907, cando marchou estudar a Lugo. En 1906, xunto cos irmáns Santomé Santamarina e de Eduardo Blanco organizou a Sociedad de Labradores y Agricultores de Riotorto e sacou á luz o seu voceiro El Agricultor do que foi redactor. Este grupo agrario sumouse a Solidaridad Gallega, e Gavín Gallo representou á sociedade de Riotorto na I Asemblea Agraria de Galicia, onde presidiu a súa primeira mesa e asinou as conclusións. Tamén asistiu á II Asemblea Agraria de Galicia con Severiano Aguiar Moirón, na que propuxo a Portela Valladares como presidente honorario e interveu a favor de Acción Gallega na IV Asemblea Agraria de Galicia. Deulle á Sociedad de Labradores y Agricultores unha orientación gandeira e participou na constitución da Federación Agropecuaria del Norte Galaico, unindo varias parroquias dos concellos da A Pontenova, A Pastoriza e Meira. Dende abril de 1910 estivo á fronte das oficinas da Federación en Lugo. Na política municipal de Riotorto obtivo o seu primeiro triunfo electoral nas eleccións municipais de 1909 e foi nomeado Xuíz municipal ese ano. Foi nomeado notario eclesiástico de Mondoñedo en decembro de 1912[1]. Tamén colaborou en Mondoñedo.

Notas editar

  1. La Voz de la Verdad, 30-12-1912, p. 3

Véxase tamén editar

Bibliografía editar