IV Asemblea Agraria de Galicia
asemblea do agrarismo galego
A IV Asemblea Agraria de Galicia celebrouse en Ribadavia o 9 e 11 de novembro de 1912.
IV Asemblea Agraria de Galicia | |
---|---|
Tipo | congreso |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarTen unha importante participación Acción Gallega. Hai moita presenza de organismos oficiais. Non hai conclusións de carácter político e mantense nun segundo plano a cuestión foral. Solicítase a nacionalización das vías férreas, pídese un ensino agrícola ambulante e recoméndase ás sociedades agrarias que se acollan á Lei de Sindicatos de 1906. Basilio Álvarez perdeu a batalla por converter a revista Acción Gallega no voceiro oficial das Asembleas e fixo un discurso no que criticou a liña técnica de Juan Rof Codina.