Velia era o nome romano dunha antiga cidade da Magna Grecia na costa do Mar Tirreno. Fundada polos gregos de Focea como Hyele (grego antigo: Ὑέλη) ao redor do 538–535 a.C. O nome cambiou máis tarde a Ele e despois Elea (/ˈɛliə/; grego antigo: Ἐλέα) antes de que fose coñecida polo seu nome italiano e latino durante a era romana. As súas ruínas están situadas na rexión de Cilento, preto da moderna vila de Velia, que leva o nome da antiga cidade. A aldea é unha frazione da comune de Ascea na provincia de Salerno, en Campania, Italia.

Modelo:Xeografía físicaVelia
(grc) Ελέα Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipositio arqueolóxico da Grecia antiga Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAscea, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°09′34″N 15°09′16″L / 40.1594, 15.1544
Características
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1998 (22ª Sesión)
Historia
Data de creación ou fundación538 a. C. Editar o valor en Wikidata

Páxina webarcheosa.beniculturali.it… Editar o valor en Wikidata
Silver coin from Velia
Moeda de prata de Velia, ao redor do 280 a.C., con Atenea no anverso e un león devorando un corzo no reverso.

A cidade era coñecida por ser a casa dos filósofos Parménides e Zenón de Elea, así como a escola eleática da que formaban parte. O sitio da acrópole da antiga Elea foi unha vez un promontorio chamado Castello a Mare, que significa "castelo no mar" en italiano. Agora atópase no interior e pasou a chamarse Castellammare della Bruca na Idade Media.

Xeografía

editar

A cidade está situada preto da costa do Mar Tirreno nunha zona montañosa próxima á Marina di Casalvelino e Marina di Ascea, nunha estrada que une Agropoli co sur da Costa cilentina. A súa poboación sitúase principalmente na chaira xunto ao mar (que rodea a parte sur das antigas ruínas) e nas zonas de outeiros de Enotria, Bosco e Scifro. Velia tamén tiña unha estación de ferrocarril na liña Nápoles-Salerno-Reggio Calabria, pechada a finais dos anos setenta.

 
Cidades da Magna Grecia coa situación de Elea.

Historia

editar

Segundo Herodoto, no 545 a.C. os gregos xónios fuxiron de Focea na moderna Turquía, que estaba a ser sitiada polos persas. Despois dalgunhas andanzas (de 8 a 10 anos) polo mar, detivéronse en Reggio de Calabria, onde probablemente xuntáronse Xenófanes, que estaba nese momento en Messina e logo emigraron cara ao norte ao longo da costa e fundaron a cidade de Hyele, despois renomeada como Ele e despois, eventualmente, Elea. A localización está case á mesma latitude que Focea.

Elea non foi conquistada polos Lucanos, pero finalmente uniuse a Roma no 273 a.C e foi incluída na antiga Lucania. De acordo co libro 6 da Eneida de Virxilio, Velia é o lugar onde o corpo de Palinuro chegou a terra.[1]

Ruínas

editar

Existen restos das murallas da cidade, con vestixios dunha porta e varias torres, dunha lonxitude total de máis de tres quilómetros, e pertencen a tres períodos diferentes, en todos os cales utilízase a calcaria cristalina da localidade. Os tixolos tamén se empregaron en tempos posteriores, a súa forma é peculiar deste lugar, cada un deles con dúas canles rectangulares nun lado e de aproximadamente 3´8 cm. cadrados, cun grosor de case 10´16 cm. Todos levan selos de ladrillos gregos. Hai algúns restos de cisternas no sitio, e, outros restos de edificios.[2]

Eleáticos

editar
Artigo principal: Eleáticos.

Os Eleáticos eran unha escola de filosofía presocrática. O grupo fundouse no inicio do século V a.C. por Parménides. Outros membros da escola foron Zenón de Elea e Meliso de Samos. Xenófanes ás veces está incluído na lista, aínda que hai algunha disputa respecto diso.

Veciños famosos

editar

Galería

editar
  1. Frederick Ahl (trans.), ed. (2007). Virgil's Aeneid. Oxford UP. pp. 139–40. ISBN 978-0-19-923195-9. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar