Meliso de Samos
Meliso de Samos, nado contra o ano 470 a.C., foi un estadista e comandante naval que contribuíu tamén á filosofía e exerceu certa influencia sobre o atomismo de Leucipo e Demócrito.
Nome orixinal | (grc) Μέλισσος ὁ Σάμιος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 470 a. C. Samos, Grecia |
Morte | 430 a. C. (39/40 anos) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo, militar |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Movemento | Escola eleática (pt) e Presocráticos |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarMeliso comandou unha frota de Samos que derrotou aos atenienses en -441 - -440 aínda que Pericles obtivo finalmente a vitoria. Foi discípulo de Parménides, cuxas ideas filosóficas estendeu.
Os seus traballos, fragmentos dos cales foron preservados por Simplicio e atribuídos a Meliso por Aristóteles están dedicados á defensa da doutrina de Parménides. Están escritos en xónico e consisten en longas series de argumentos. O ser, segundo el, é infinito, non ten principio nin final e non pode xurdir do non-ser. Non pode ser destruído porque é imposible para o ser converterse en non-ser e se pasa a ser outro ser non hai destrución.
Consérvanse algúns fragmentos do seu poema «Sobre o Ser» ou «Sobre a Natureza». Aristóteles cualifícao de rústico e obtuso por confundir o ser co mundo material. Mantén o concepto eleático da unidade, a eternidade, a homoxeneidade, a uniformidade e a inmobilidade do ser. Pero modifica o concepto de ser limitado e redondo como unha esfera, afirmando a súa infinidade. O ser (mundo) é infinito, sen principio nin fin; estas ideas influirán máis tarde en Spinoza para demostrar o monismo da substancia. Meliso mestura tamén ideas xónicas (Anaximandro, Anaxímenes) coas da Escola eleática.
De acordo con Simplicio (Physika), Meliso difire de Parménides na súa distinción entre ser e ser absolutamente. Argumenta co fin de mostrar que o ser debe ser ilimitado en magnitude, e, polo tanto, un e inalterable. Calquera troco dunha fonte interna a unha externa, di, é impensable; o Un ou a realidade unitaria, de Parménides, é invariable en cantidade e en clase. Non pode haber división dentro da unidade, pois toda división implica espazo ou baleiro—pero o baleiro non é nada, e polo tanto, non é. Desenvolve que o ser é incorpóreo.
A dificultade fundamental que subxace nesta lóxica é o paradoxo, máis claramente expresado por Zenón de Elea, de que a evidencia dos sentidos contradí o intelecto. O argumento abstracto mostra que o troco da unidade é imposible, aínda que os sentidos nos din que o cálido vólvese frío, o duro brando e o vivo morto.
Nin Meliso nin Zenón observaron que a aplicación destes métodos destrutivos atacan a raíz non só da multiplicidade sen tamén do Un cuxa existencia mantiñan. As armas que forxaron para defender a Parménides pódense usar co mesmo efecto contra as súas propias teses.