Leucipo de Mileto
Leucipo de Mileto, nado contra o 500 a.C., foi un filósofo grego.
Leucipo de Mileto | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século V a. C. |
Lugar de nacemento | Mileto |
Falecemento | século V a. C. |
Nacionalidade | Mileto |
Ocupación | filósofo e físico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Leucipo é considerado mestre de Demócrito de Abdera e, quizais, o verdadeiro creador do atomismo (segundo a tese de Aristóteles). Ao respecto practicamente nada é coñecido. Non hai certeza nin sobre o lugar de nacemento (algúns cren que pode ter sido Abdera ou Elea). Especúlase que era mais novo que Parménides de Elea e parece ter sido contemporáneo de Anaxágoras de Clazomenas e de Sócrates. Desde o punto de vista teórico, é posíbel trazar unha ascendencia ao pensamento de Meliso de Samos e Zenón de Elea. A tradición atribuíulle a autoría dun único libro titulado A grande orde do mundo. Talvez escribise un segundo libro, que se titularía Sobre o espírito, pero este escrito pode ter sido só un capítulo da obra anterior.
Véxase taménEditar
A Galicitas posúe citas sobre: Leucipo de Mileto |