Anaxágoras de Clazomenas

Anaxágoras, nado en Clazómenas (Asia Menor) cara ao 500 a.C e finado en Lampsaco cara ao 428 a.C., foi un filósofo presocrático grego.

Anaxágoras de Clazomenas
Nome completoἈναξαγόρας
Nacementoc. 500 a. C.
Lugar de nacementoClazômenas
Falecementoc. 428 a. C.
Lugar de falecementoLâmpsaco (cidade)
Ocupaciónmatemático, filósofo, físico, astrónomo e escritor
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Por volta do 464 a.C. marchou a Atenas, que nesa época era xa o centro da cultura grega. Está considerado o fundador do teísmo filosófico, Sostivo a teoría de que a materia está composta de partículas infinitesimais denominadas sementes que son diferentes e se dividen ata o infinito e que se moven no caos, organizadas por unha forza superior coñecida como Nous (a razón).

Segundo Anaxágoras estas sementes apareceron dunha masa compacta e o nous comezou a movelas. Pericles, Demócrito, Eurípides e Sócrates seguiron as súas doutrinas. Acusado de impiedade pola súa teoría cósmica, viuse obrigado a se retirar a Lampsaco no (434 a.C.).

Atribúeselle a obra Sobre a natureza, citada por Platón.