VG-1.1
A Vía de Alta Capacidade do Barbanza foi unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que discorría entre Padrón e Ribeira, deseñada como unha estrada limitada a 100 km/h (velocidade máxima para vías de alta capacidade e altas prestacións, 90 km/h na actualidade). O percorrido contaba cun total de 40,06 quilómetros e 1 só carril en cada sentido.
VG-1.1 Vía de Alta Capacidade do Barbanza | |
---|---|
Vista do viaduto da ría de Arousa (700 m) no 2005. | |
Tipoloxía | vía para automóbiles |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Dimensións | |
Lonxitude | 40,06 km |
Localización | |
Inicio | N-550 Padrón |
Fin | AC-550 Ribeira |
Circulación | |
Velocidade máxima | 100 km/h |
Descrición
editarComo precedente á construción desta vía para automóbiles, a finais do ano 1984,[1] comezaron as obras do tramo, non proxectado coma "vía rápida", senón, coma unha variante ó sur de Padrón para desconxestionar o tráfico entre a travesía de Lestrobe (conexión coa estrada nacional N-550) e a estrada comarcal C-550 duns 1,6 quilómetros de lonxitude. Nesta primeira intervención non se fixo a conexión coa autoestrada do Atlántico AP-9 que, posteriormente, foi inaugurada a finais do ano 1990,[2][3] enlazando co tramo de Santiago de Compostela (sur)-Padrón. Esta antedita variante foi inaugurada por Gerardo Fernández Albor, o 29 de outubro de 1985[4] contado cun investimento duns 311 millóns de pesetas.
A finais de 1989[5][6] comezaron as obras do tramo Dodro-Rianxo como primeiro tramo duns 10,8 quilómetros de lonxitude, proxectada como "autovía comarcal" que logo se modificou a "vía comarcal" e foi inaugurado por Xosé Cuíña, o 22 de abril de 1992,[7][8] cun investimento duns 775 169 640 de pesetas. Os dous seguintes tramos, Boiro-A Pobra do Caramiñal e A Pobra do Caramiñal-Ribeira duns 17 quilómetros de lonxitude foron inaugurados por Manuel Fraga o 30 de xullo de 1994,[9] cun investimento de máis de 2 200 millóns de pesetas. O seguinte tramo Rianxo-Boiro que completaba o percorrido sen o acceso directo á autoestrada do Atlántico AP-9 e N-550, foi inaugurado o 11 de novembro de 1994[10][11] e contou cuns 6,5 quilómetros de lonxitude e un investimento duns 1 800 millóns de pesetas.
O derradeiro tramo, a conexión coa variante sur de Padrón, co tramo Padrón-Dodro foi inaugurado por Manuel Fraga, o 23 de xuño de 2001,[12][13][14] duns 9 quilómetros de lonxitude e un investimento duns 1 600 millóns de pesetas (9 616 540 €), á parte duns 1,6 quilómetros da variante sur de Padrón que foi reformada para transformala en vía de alta capacidade.
O 16 de decembro de 2008,[15][16][17][18] tras varios tramos parciais, o percorrido completo foi transformado en autovía AG-11 na súa totalidade dende Padrón ata Ribeira; despois de 23 anos como vía rápida deixou de figurar oficialmente na lista da Rede de estradas de Galicia.
A vía rápida do Barbanza foi dende a súa posta en servizo no ano 1992 unha das vías máis perigosas de Galicia,[19] cun total de 56 mortos ata a súa conversión en autovía no ano 2008.[20][21][22][23]
Tramos
editarTramos orixinais
editarDenominación | Tramo | Quilómetros | Ano de entrada en servizo |
---|---|---|---|
Variante sur de Padrón | N-550 Padrón - AC-305 AC-307 Lestrobe | 1,6 | 1985[4][24] |
Enlace coa autoestrada do Atlántico AP-9 | 1990[2][3] | ||
VG-1.1 | N-550 Padrón - AC-305 AC-307 Lestrobe | 2001[12][13][14] | |
AC-307 AC-305 Lestrobe - AC-305 Bexo | 8 | ||
VG-1.1 | AC-305 Bexo - DP-7204 Taragoña | 10,8 | 1992[7][8] |
VG-1.1 | DP-7204 Taragoña - AC-305 Boiro | 4,2 | 1994[10][11] |
VG-1.1 | AC-305 Boiro - AC-550 DP-7301 Ribeira | 17 | 1994[9] |
Conversión en autovía
editar- Véxase tamén: AG-11.
Denominación | Tramo | Quilómetros | Ano de entrada en servizo |
---|---|---|---|
AG-11 | N-550 AP-9 Padrón - AC-305 AC-307 Lestrobe | 1,5 | 1 carril por sentido: 2008[25][26][27] |
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18] | |||
AG-11 | AC-305 AC-307 Lestrobe - DP-7203 Rianxo | 15,5 | 1 carril por sentido: 2008[25][26][27] |
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18] | |||
AG-11 | DP-7203 Rianxo - AC-305 Boiro | 6 | 1 carril por sentido: 2008[28][29][30] |
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18] | |||
AG-11 | AC-305 Boiro - DP-7310 Palmeira | 15 | 1 carril por sentido: 2008[31][32][33][34] |
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18] | |||
AG-11 | DP-7301 Palmeira - AC-550 DP-7301 Ribeira | 2 | 1 carril por sentido: 2008[25][26][27] |
2 carrís por sentido: 2008[15][16][17][18] |
Notas
editar- ↑ "Adjudicadas obras por importe superior a los 4.700 millones". La Voz de Galicia. 20-12-1984.[Ligazón morta]
- ↑ 2,0 2,1 "Cosculluela inauguró, con más de una hora de retraso, la autopista entre Santiago y Padrón". La Voz de Galicia. 01-12-1990.[Ligazón morta]
- ↑ 3,0 3,1 "Inauguración do treito Santiago - Padrón da autoestrada do Atlántico (AP-9)". CRTVG. 30-11-1990. Consultado o 13-12-2023.
- ↑ 4,0 4,1 "La variante inaugurada ayer no perjudica a Padrón, según el alcalde". La Voz de Galicia. 30-10-1985.[Ligazón morta]
- ↑ "Adjudicadas por la Xunta las obras del tramo de autovía comarcal que corresponde a Rianxo". La Voz de Galicia. 06-01-1989.[Ligazón morta]
- ↑ "Someten a concurso el proyecto del segundo tramo del nuevo vial comarcal". La Voz de Galicia. 29-11-1989.[Ligazón morta]
- ↑ 7,0 7,1 "Abierto al tráfico el primer tramo de la vía de acceso a Arousa Norte". La Voz de Galicia. 23-04-1992.[Ligazón morta]
- ↑ 8,0 8,1 "Cuiña Crespo presidió la inauguración del primer tramo de la vía rápida de Arousa Norte". La Voz de Galicia. 23-04-1992.[Ligazón morta]
- ↑ 9,0 9,1 "Abiertos al tráfico dos tramos de la vía rápida del Barbanza". La Voz de Galicia. 31-07-1994.[Ligazón morta]
- ↑ 10,0 10,1 "La totalidad de la vía rápida de Barbanza ya está abierta al tráfico". La Voz de Galicia. 12-11-1994.[Ligazón morta]
- ↑ 11,0 11,1 "Entra en funcionamiento el último tramo de la vía rápida de Barbanza". La Voz de Galicia. 12-11-1994.[Ligazón morta]
- ↑ 12,0 12,1 "La Xunta abrió el tramo de la vía rápida entre Padrón y A Vacariza". La Voz de Galicia. 24-06-2001.[Ligazón morta]
- ↑ 13,0 13,1 "La Xunta abrió el último tramo de la vía rápida". La Voz de Galicia. 24-06-2001.[Ligazón morta]
- ↑ 14,0 14,1 "La Xunta abrió el último tramo de la vía rápida que conecta la comarca de Barbanza con Padrón". La Voz de Galicia. 24-06-2001.[Ligazón morta]
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 "La autovía de Barbanza está operativa al 100% tras 26 meses de obras". La Voz de Galicia. 16-12-2008.[Ligazón morta]
- ↑ 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 "Barbanza estrena una autovía de 40 kilómetros tras 26 meses de obras". La Voz de Galicia. 16-12-2008.[Ligazón morta]
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 "La autovía se inauguró en un multitudinario acto preñado de polémica". La Voz de Galicia. 16-12-2008.[Ligazón morta]
- ↑ 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 "Alcaldes del PP se sumaron al acto de inauguración de la autovía". La Voz de Galicia. 16-12-2008.[Ligazón morta]
- ↑ Pena, José Manuel (13-07-2005). "La carretera de la muerte". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 14-12-2023.
- ↑ "A Autovía de Barbanza ábrese ao tráfico tras máis de dous anos en obras". La Opinión A Coruña. 16-12-2008. Consultado o 14-12-2023.
- ↑ "Estudo especial sobre a alta sinistralidade no Barbanza". Faro de Vigo. 10-01-2006. Consultado o 14-12-2023.
- ↑ "Barbanza estrenará mañana la autovía tras 14 años de 'vía crucis'". El Correo Gallego (en castelán). 14-12-2008. Consultado o 14-12-2023.
- ↑ Hermida, Xosé (08-01-2006). "Rápida y letal". El País (en castelán). Consultado o 13-12-2023.
- ↑ "El inicio de un nuevo itinerario". La Voz de Galicia. 28-10-1985.[Ligazón morta]
- ↑ 25,0 25,1 25,2 "Caride inspeccionará los dos carriles de la autovía que se abrirán al tráfico esta tarde". La Voz de Galicia. 18-03-2008.[Ligazón morta]
- ↑ 26,0 26,1 26,2 "Dos carriles de autovía, de Dodro a Rianxo, quedarán abiertos al tráfico esta tarde". La Voz de Galicia. 18-03-2008.[Ligazón morta]
- ↑ 27,0 27,1 27,2 "El tramo Dodro-Rianxo de la Autovía de O Barbanza se abrirá hoy parcialmente al tráfico". La Region Internacional. 18-03-2008. Consultado o 13-12-2023.
- ↑ "El vial de acceso a Barbanza ya dispone de dos carriles abiertos desde Padrón a Ribeira". La Voz de Galicia. 08-07-2008.[Ligazón morta]
- ↑ "Los escasos enlaces convierten el acceso a Barbanza en un caos". La Voz de Galicia. 08-07-2008.[Ligazón morta]
- ↑ "Los alcaldes piden a Caride que agilice los accesos a la autovía". La Voz de Galicia. 08-07-2008.[Ligazón morta]
- ↑ "La apertura de un nuevo tramo eleva a 34 los kilómetros de autovía provisional de Padrón a Ribeira". La Voz de Galicia. 01-07-2008.[Ligazón morta]
- ↑ "El acceso a Barbanza sale del caos con 34 kilómetros de trazado provisional". La Voz de Galicia. 01-07-2008.[Ligazón morta]
- ↑ "Los alcaldes arremeten contra Caride por los retrasos en la apertura de tramos de la autovía". La Voz de Galicia. 01-07-008.[Ligazón morta]
- ↑ "Los alcaldes de Ribeira, A Pobra y Boiro acusan a Caride de faltarles al respecto de forma sistemática". La Voz de Galicia. 01-07-2008.[Ligazón morta]