Bexo, San Xoán de Laíño, Dodro

lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, no concello de Dodro

Bexo é un lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, no concello de Dodro.

Bexo

Vista de Bexo dende o norte.
ParroquiaSan Xoán de Laíño
ConcelloDodro
Coordenadas42°41′53″N 8°44′05″O / 42.698027777778, -8.7348333333333Coordenadas: 42°41′53″N 8°44′05″O / 42.698027777778, -8.7348333333333
Poboación278 hab. (2013)
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A súa situación puido influír no temperá asentamento humano en Bexo. Segundo os achados atopados na mámoa da Paradegua os primeiros bexenses datan do inicio do Megalitismo, polo 3500 a.C., poboación que na idade de ferro xa se tiña refuxiado no lugar onde se atopa o castro da Veiga de Abaixo ou murallas de Bexo e o monte do Carboeiro.

Patrimonio natural editar

Bexo conta coa insua de Bexo, a máis grande de todas as do río Ulla, ou o illote de Espiñeira.

Patrimonio histórico e cultural editar

Ademais da xa mencionada mámoa da Paradegua, catalogada nos anos 70 polo arqueólogo Antón Rodríguez Casal, do tipo primitivo, Bexo conta coas murallas e a capela de San Mauro. Esta capela está datada no século XVII e garda as imaxes de pedra de San Pedro, non esculpida totalmente sobre a lousa, e da Virxe do Belén, e unha imaxe en madeira do patrón, San Mauro, de bastante idade. En Bexo tamén hai unha serie de cruceiros e, aínda que non contan con moita antigüidade, cabe mencionar tamén os muíños de regato sitos no lugar do Rial.

Mencións na literatura editar

O escritor e xornalista escocés de Cumberland Aubrey F. G. Bell, no seu libro Galicia vista por un inglés (Spanish Galicia), publicado no ano 1922, fala de Bexo, mentres camiña dende Padrón ata as terras de Arousa polo camiño que era por aquela época a actual estrada AC-305 despois de pasar polas aldeas dodresas de Lestrobe, Vigo, Castro e Imo, di:

e por último Bexo. Despois a estrada sobe entre montañas ermas cubertas de breixos e fentos. Dende o cume vese un curruncho da ría que, cercada coma un lago por montañas púrpura inzadas de breixos...
A.F.G. Bell

Lugares e parroquias editar

Lugares de San Xoán de Laíño editar

Lugares da parroquia de San Xoán de Laíño no concello coruñés de Dodro

A Devesa | Bexo | Bustelo | Castro | Imo | Teaio

Parroquias de Dodro editar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dodro

Dodro (Santa María) | Laíño (San Xián) | San Xoán de Laíño (San Xoán)