Xerardo Fernández Albor

médico e político galego
(Redirección desde «Gerardo Fernández Albor»)

Xerardo Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917 e finado o 12 de xullo de 2018,[1] foi un médico e político galego. Foi o primeiro presidente da autonomía Xunta de Galicia trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981.

Xerardo Fernández Albor
Xerardo Fernández Albor
Xerardo Fernández Albor no 2013.

22 de xaneiro de 1982 – 26 de setembro de 1987
Vicepresidente José Manuel Romay Beccaría, Xosé Luís Barreiro Rivas e Mariano Rajoy
Precedido por Xosé Quiroga Suárez (Presidente da Preautonomía)
Sucedido por Fernando González Laxe

Datos persoais
Nacemento 7 de setembro de 1917 Santiago de Compostela
Falecemento 12 de xullo de 2018 Santiago de Compostela
Partido Partido Popular de Galicia (PPdeG)
Profesión Médico e político

Traxectoria editar

Vida persoal editar

Os seus pais, Gerardo e Josefina, rexentaban o hotel Estrella en Santiago de Compostela.[2]

En 1936, durante a guerra civil española, foi chamado a filas polo bando nacional. Foi enviado ás frontes de Brunete e Belchite cando xa estaban case pacificadas, e despois embarcou no buque Baleares, que abandonou antes do seu afundimento. En 1938, como alférez provisional, marchou a Alemaña a facer cursos de perfeccionamento de aviación coa Luftwaffe. A súa promoción, chamada 9ª bis, titulouse o 26 de febreiro de 1939.[3]

Médico de profesión, participou no grupo Realidade Galega, formado por galeguistas históricos de tendencia conservadora.

Casou en xaneiro de 1952 con María Asunción Baltar Tojo, filla de Ramón Baltar Domínguez.[4]

Tivo unha irmá, falecida en 2009[5], e un irmán, o xurista Agustín Fernández Albor.

Vida política editar

 
Recibido por Felipe González no palacio da Moncloa (1985)

En 1981 encabezou como independente a lista de Alianza Popular para a Xunta de Galicia, converténdose no primeiro presidente da Xunta de Galicia elixido polo Parlamento de Galicia, para o que contou con Xosé Luís Barreiro Rivas, home forte de AP en Galicia. Tras ingresar en AP, Albor pasou a ocupar en marzo de 1983 a presidencia do partido en Galicia.

En 1984 explicou no Parlamento de Galicia o seu encontro en Portugal o 6 de xullo dese ano con contrabandistas e narcotraficantes galegos en Vila Nova de Cerveira[6].

O 30 de outubro de 1986 Barreiro, nunha xogada para conseguir a dimisión de Albor, e o resto dos seus conselleiros dimitiron nun aceno de apoio, agás os conselleiros do PDP e PL puxeron os seus cargos a dispor de Albor, quen non dimitiu e co apoio de Fraga mantívose como presidente con Mariano Rajoy como vicepresidente. En 1987 Barreiro marchou do partido, ingresou no grupo mixto e apoiou unha moción de censura do líder socialista Fernando González Laxe contra el, Fernández Albor deixou logo a presidencia, mantendo o escano ata 1989, ano no que foi elixido para o Parlamento Europeo, onde permaneceu até 1999.

Galardóns editar

Fillo adoptivo da Pobra do Caramiñal.[7]

Notas editar

  1. Redacción (12 de xullo de 2018). Sermos Galiza, ed. "Morre Fernández Albor, primeiro presidente da Galiza autonómica". Consultado o 12 de xullo de 2018. 
  2. El Correo hace 25 años Arquivado 10 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego o 31 de marzo de 2009 (en castelán).
  3. Fernández Santander, C. (2000). Alzamento e Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Ediciós do Castro. 
  4. El Correo gallego, 31-1-1952, p. 2.
  5. "Pesar por la muerte de Josefina Fernández Albor". El Correo Gallego (en castelán). 26 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2009. Consultado o 26 de abril de 2009. 
  6. Diario de Sesións do Parlamento de Galicia Arquivado 05 de abril de 2018 en Wayback Machine., 27 de novembro de 1984.
  7. Maceiras: "Por mérito propio, Albor es ya pobrense ilustre" Arquivado 19 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 30/10/2010.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2011): "Fernández Albor, Xerardo" en Diccionario Biográfico Español, Madrid: Real Academia da Historia.
  • Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): O triunfo do galeguismo. Opinión pública, partidos políticos e comportamento electoral na transición autonómica. Madrid: Editorial Dykinson.
  • Rodríguez-Polo, Xosé Ramón (2009): Ramón Piñeiro e a estratexia do galeguismo. Vigo: Xerais.

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Xosé Quiroga Suárez
  
Presidente da Xunta de Galicia
 
1981 - 1987
Sucesor:
Fernando González Laxe