Víctor Pablo Pérez

músico español

Víctor Pablo Pérez, nado en Burgos o 15 de marzo de 1954,[1][2] é un director de orquestra español.

Víctor Pablo Pérez
Victorpabloperez.jpg
Nacemento15 de marzo de 1954
 Burgos
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirector de orquestra
PremiosMedalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, sen etiquetar, sen etiquetar e Premio Nacional de Música
editar datos en Wikidata ]
Víctor Pablo Pérez dirixindo a OSG.

TraxectoriaEditar

Fixo os seus estudos musicais no Real Conservatorio de Música de Madrid e na Hochschule für Musik de Múnic.[3]

Ebtre 1980 e 1988 foi o director artístico e titular da Orquesta Sinfónica de Asturias. En 1987 foi o principal director invitado da Orquesta Nacional de España (ONE). Desde 1986 a 2005 foi o director artístico e titular da Orquesta Sinfónica de Tenerife (OST). E desde 1993 a 2013, foi o director artístico e titular da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG).[3][4]

Colabora habitualmente co Teatro Real de Madrid, o Gran Teatre del Liceu de Barcelona, o Festival Mozart da Coruña, e en diversos festivais internacionais de música de Canarias, Perelada, Granada, Santander, Schleswig-Holstein, Festival Bruckner de Madrid, e no Rossini Opera Festival (ROF), o Festival de San Lorenzo de El Escorial e na Quincena Musical de Donostia-San Sebastián.[3]

Desde a temporada 2013-2014 foi designado director artístico e titular da Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid (ORCAM).[3]

ColaboraciónsEditar

Víctor Pablo Pérez, ademais de dirixir habitualmente a práctica totalidade das orquestras españolas, foi chamado como director invitado por diferentes formacións internacionais como:

Así mesmo colabora habitualmente con grandes solistas como C. Zimerman, G. Sokolov, A. Volodos, L. O. Andens, P. Lewis, R. Blezatz, F. P. Zimermann, J. Rachlin, L. Kavakos, A. S. Mutter, Midori, Gil Saham, N. Zneider, S. Chang, A. Steinbacher, G. Kremer, M. Vengerov, R. Fleming, Mª Bayo, A. Arteta, N. Dessay, N. Stuzmman, E. Podles, V. Kasarova, F. Cedolins, I. Mula, P. Domingo, R. Villazón, C. Álvarez, J. Bros, Mª J. Moreno, A. Murray e M. Barrueco, por só citar algúns.[3]

DistinciónsEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar