O Festival Mozart foi un festival de música de carácter anual que tiña lugar principalmente na cidade da Coruña (Galiza), se ben na últimas edicións ampliouse a súa programación con concertos de cámara e pequena orquestra noutras localidades da provincia. A primeira edición do festival celebrouse no ano 1998 e dende aquela, a Orquestra Sinfónica de Galicia é a súa orquestra residente. A programación do Festival Mozart inclúe dende concertos sinfónicos, ópera, música de cámara ou música para o teatro.

No ano 2014 fusionouse co Festival de la Ópera de A Coruña pasando a chamarse Temporada Lírica de A Coruña[1][2].

Referencias editar

Ligazóns externas editar