Acordo de Schengen
O Acordo de Schengen é unha convención entre países europeos sobre unha política de libre circulación de persoas no espazo xeográfico de Europa. Son 25 nacións da Unión Europea (Chipre e Irlanda, non son parte) e máis outros 4 países europeos membros da EFTA (Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza).
Definición
editarO Espazo Schengen permite a libre circulación de persoas dentro dos países signatarios sen ter que parar nas fronteiras e presentar o seu pasaporte. É necesario ser portador dun documento legal coma, por exemplo, o DNI. O Espazo Schengen non se relaciona coa libre circulación de mercadorías (embargos etc.) cuxa entidade mediadora é a Unión Europea e os outros membros fora do bloque económico.
Historia
editarO acordo foi orixinalmente asinado o 14 de xuño do 1985 por cinco países (Bélxica, Francia, Alemaña, Luxemburgo e Países Baixos). A sinatura do tratado ocorreu a bordo do barco Princesse Marie-Astrid no río Mosela, próximo a Schengen, unha pequena localidade Luxemburguesa na fronteira con Francia e Alemaña.
O acordo asinado en 1985 estabeleceu os pasos a seguir para criar o espazo Schengen. Un documento adicional chamado Convención de Schengen foi creado para pór o tratado de Schengen en práctica. Este segundo documento substituíu o primeiro e foi asinado por cada país na seguinte orde:
- 14 de xuño de 1985: Bélxica, Francia, Alemaña, Luxemburgo e Países Baixos.
- 27 de novembro de 1990: Italia.
- 25 de xuño de 1992: Portugal e España.
- 6 de novembro de 1992: Grecia.
- 28 de abril de 1995: Austria.
- 19 de decembro de 1996: Dinamarca, Finlandia, Islandia, Noruega e Suecia.
- 1 de maio de 2004:República Checa, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia, Eslovaquia, Eslovenia (consultado o 21 de decembro do 2007[1])
- 16 de outubro de 2004: Suíza (ratificado por referendo o 5 de xuño de 2005).
- 1 de xaneiro de 2007: Bulgaria e Romanía.
- 28 de febreiro de 2008: Liechtenstein.
Mónaco, San Marino e o Vaticano están dentro do Acordo de Shengen por seren enclaves.
Excepcións
editarNos seguintes territorios de membros da área Schengen o tratado non é aplicábel:
- Helgoland da Alemaña;
- Svalbard da Noruega (mais na Illa de Jan Mayen si);
- Groenlandia e Illas Faroé da Dinamarca.
Notas
editarVéxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Acordo de Schengen |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- O Espazo de Schengen (en portugués)
- O Espazo de Schengen (en español)
- Países Schengen (fonte deste artigo, en inglés)
- Switzerland joins Schengen (da BBC, en inglés)