Tonino Delli Colli

Tonino Delli Colli, nado en Roma o 20 de novembro de 1923 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 2005, foi un director de fotografía italiano.

Infotaula de personaTonino Delli Colli
Biografía
Nacemento(it) Antonio Editar o valor em Wikidata
20 de novembro de 1923 Editar o valor em Wikidata
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 2005 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–2005)
Reino de Italia (1923–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de fotografía , cámara Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1943 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0005686 Allocine: 41801 Allmovie: p85534
Find a Grave: 11585510 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Delli Colli naceu en Roma o 20 de novembro de 1923, e comenzou a súa carreira cinematográfica en 1938 no estudo Cinecittà, aos 16 anos de idade.[1] Os seus primeiros traballos consistiron en ser asistente de camarógrafo.[2] A mediados dos anos 1940 xa traballaba como director de fotografía, e en 1952 colaborou na primeira película italiana en cor, Totò a colori.[3] Ao longo da súa carreira traballou con diversos e recoñecidos directores de cine, incluíndo Sergio Leone (O bo, o feo e o malo, Ata que chegou a súa hora e Once Upon a Time in America (en italiano C'era una volta in America, en galego Érase unha vez en América), Roman Polanski (A morte e a doncela e Bitter Moon), Louis Malle (Lacombe Lucien), Jean-Jacques Annaud (O nome da rosa), Federico Fellini (Ginger e Fred, Intervista e La voce della luna) e Luis García Berlanga (El verdugo).

Traballou ademais co director Pier Paolo Pasolini, participando en doce das súas películas, como Accattone (1961), Mamma Roma (1962), O evanxeo segundo San Mateo (1964), Il Decamerón (1971), Os contos de Canterbury (1972) e Salò o le 120 giornate di Sodoma (1976).

O seu último filme foi La vita è bella (1997) de Roberto Benigni, pola que obtivo o seu cuarto premio David de Donatello na categoría de mellor fotografía. En 2005 foi recoñecido pola American Society of Cinematographers cun premio á traxectoria. Tonino Delli Colli faleceu en agosto dese mesmo ano debido a un ataque cardíaco.

Notas editar

  1. Heuring, David; Gallotti, Giouse (marzo de 2005). "A Lifetime Through the Lens". American Cinematographer (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2024. 
  2. Wingfield, Brian (21 de agosto de 2005). "Tonino Delli Colli, Prolific Cinematographer, Dies at 81". The New York Times (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2012. 
  3. Lane, John Francis (26 de agosto de 2005). "Obituary: Tonino Delli Colli". The Guardian (en inglés). Consultado o 6 de abril de 2024.