Il Decameron (filme)

filme de 1971 dirixido por Pier Paolo Pasolini

Il Decameron é un filme italiano de 1971 dirixido por Pier Paolo Pasolini. Baséase nalgúns contos do Decamerón, de Giovanni Boccaccio, e constitúe a primeira parte da Triloxía da vida do director.

Il Decameron
Ficha técnica
DirectorPier Paolo Pasolini
ProdutorAlberto Grimaldi
GuiónPier Paolo Pasolini
Baseado enDecamerón, de Giovanni Boccaccio
IntérpretesFranco Citti
Ninetto Davoli
Pier Paolo Pasolini
MúsicaEnnio Morricone
FotografíaTonino Delli Colli
Estrea29 de xuño de 1971
Duración106 min
OrixeItalia Italia
Na rede
IMDB: tt0065622 Filmaffinity: 711651 Allocine: 2372 Rottentomatoes: m/decameron Allmovie: v12991 TCM: 72689 TV.com: movies/the-decameron Netlix: 430945Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

No primeiro episodio Andreuccio de Perugia é enganado por un home, acabando nun mar de feces. No segundo un mozo é convencido por un grupo de monxas para que manteña relacións sexuais con elas. No terceiro, Peronella está co seu amante cando chega o seu marido.

No seguinte un comerciante dedicado ao pecado é castigado por Deus cunha grave enfermidade. Noutro episodio, dous amantes organízanse para enganar aos seus pais. En Sicilia, unha rapaza namórase de Lorenzo, empregado dos seus irmáns, que conspiran para asasinalo.

Máis adiante, un médico convence a un home de que o pode converter en cabalo. No último episodio, dous homes de Nápoles deciden que o primeiro que morra contará ao outro sobre o Paraíso ou o Inferno.

No final da historia, o pintor Giotto completou un fresco no que aparecen os sucesivos episodios.

Personaxes editar

  • Franco Citti - Ciappelletto
  • Ninetto Davoli - Andreuccio de Perugia
  • Vincenzo Amato - Masetto de Lamporecchio
  • Angela Luce - Peronella
  • Giuseppe Zigaina - Monxe
  • Gabriella Frankel
  • Vincenzo Cristo
  • Pier Paolo Pasolini - Allievo di Giotto
  • Giorgio Iovine
  • Salvatore Bilardo
  • Vincenzo Ferrigno - Giannello
  • Luigi Seraponte
  • Antonio Diddio
  • Mirella Catanesi

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar