Abrir o menú principal

Tomás López da Torre ou Datorre, nado en Betanzos contra 1900 e finado na Coruña o 1 de outubro de 1936, foi un avogado e político socialista galego, executado vítima da represión na zona franquista durante a Guerra Civil.

Tomás López da Torre
Nacemento1900
 Betanzos
Falecemento1 de outubro de 1936
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Avogado de profesión e membro da Unión Xeral de Traballadores (UXT) e do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), foi elixido concelleiro de Betanzos durante a Restauración dúas veces, unha delas en plena ditadura primoriverista, polo que foi expedientado no PSOE e rehabilitado máis tarde, tras a proclamación da República en 1931. Coa revolución de 1934 foi procesado e encarcerado, e ao saír de prisión encargouse da defensa dos mineiros e dirixentes sindicais procesados na folga xeral revolucionaria de 1934. Foi brevemente alcalde de Betanzos, entre abril e xullo de 1936 e deputado provincial.

O 22 de xullo dese ano, tras o golpe de estado que deu lugar á Guerra Civil, columnas de blindados das tropas sublevadas procedentes da Coruña aproximáronse a Betanzos, enfrontándose aos veciños leais á República e a algúns membros da Garda Civil. Terminada a resistencia, os milicianos e autoridades fuxiron da cidade. Tras a ocupación polos sublevados de Betanzos, foron incendiados a igrexa e o mosteiro de San Francisco, así como a biblioteca (unha das máis importantes da provincia coruñesa) e parte do concello, a mans de tres paisanos procedentes de Ferrol e que foran aleccionados para iso polos sublevados, un deles membro das Juventudes Socialistas Unificadas e que foi despois destacado dirixente de Falanxe Española durante a ditadura franquista. Os asaltos e incendios foron atribuídos aos republicanos aplicándose unha dura represión sobre os mesmos. O mesmo día 22, Tomás xunto con José Novo Rodríguez, que tamén fora alcalde da localidade, tras fuxir xunto de Betanzos foron detidos polos sublevados á altura de Guitiriz. Acusouse a Tomás de rebelión militar por resistir aos sublevados e de ser un dos responsables dos incendios e saqueos de Betanzos, feitos estes últimos que negou argumentando que el xa se atopaba detido cando se sucederon os asaltos. Na súa última carta preso pouco antes de morrer, sinalaba sobre os feitos e o seu proceso:

[...] Después de dos meses de preso durante los cuales se instruyeron dos expedientes que fueron sucesivamente examinados para ver si había materia en que fundar mi muerte, se me sigue un juicio “sumarísimo” que dura dos días entre el procesamiento y la condena, donde se me prohíbe defenderme, viéndome obligado a confiar esta misión a un amigo, Tte. de Artillería, que se comportó caballerosamente, ayudándome a bien morir. Tuve que contestar en unos minutos, de noche, a un sin fin de cargos, todos absolutamente falsos, fundados en supuestos dichos de gentes que no comparecían, ni se relacionaban o habían muerto sin guardar constancia de su declaración. Pero por encima de todo esto, carente de base, existía el motivo cierto: se castigaba en mí al Abogado que en Asturias luchó en favor de los procesados por Octubre de 1934. La misma persona que entonces me corrigió disciplinariamente, ahora firma mi sentencia. Es la lógica consecuencia de haberlo conservado en el puesto. [...]

Xulgado en consello de guerra sumarísimo, foi condenado a pena de morte e executado no Campo da Rata.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
Ramón Beade Méndez
  
Alcalde de Betanzos
 
1936
Sucesor:
Ángel González Vázquez