Ramón Beade Méndez

político galego

Ramón Beade Méndez, nado en Tiobre (Betanzos) o 7 de abril de 1900 e finado na mesma parroquia o 3 de xullo de 1956, foi un político socialista galego.

Infotaula de personaRamón Beade Méndez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1900 Editar o valor em Wikidata
Tiobre, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xullo de 1956 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Tiobre, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Betanzos Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas

2 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: A Coruña
Deputado nas Cortes republicanas

14 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: A Coruña
Alcalde de Betanzos
Categoría:Deputados da III lexislatura da Segunda República Española
Categoría:Deputados da I lexislatura da Segunda República Española
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , sindicalista , labrego Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español
Unión Socialista Galega Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi un activo dirixente agrario, secretario da Asociación de Agricultores de Tiobre, masón, militante do PSOE galego e líder da Federación Comarcal de Betanzos da UGT. Nas eleccións municipais de 1931 foi un dos 16 concelleiros republicanos do Concello de Betanzos. Na Segunda República foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1931 e 1936. Participou na elaboración do proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia en 1932, xunto aos membros da ORGA, pero a chegada da CEDA ao poder en 1933 aparcou o proxecto. Foi alcalde de Betanzos do 30 de maio de 1933 ao 18 de outubro de 1934. En 1934 protagonizou con Xoán Xesús González e Xaime Quintanilla unha escisión no PSOE galego que deu lugar á Unión Socialista Galega (USG). En 1936 volveu á disciplina do PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido ocultándose nun alboio de Touriñao na súa parroquia de Tiobre, mentres a familia facía crer que se atopaba exiliado en México.

Desde o seu agocho constiuíu unha organización socialista clandestina xunto co exalcalde de Paderne, José Pérez, Tomás Pérez do Porto, Antonio Gabín, Ricardo Lagares e outros militantes das sociedades agrarias.[1] O 8 de setembro de 1945 convocou unha reunión nos montes de Obre, con cita previa no cemiterio de Obre para despois trasladarse ao monte, á que acudiron dez compañeiros, e na que se elixiu un Comité Pro-presos para recoller axuda económica para estes. Compuñan o comité Tomás Pérez do Porto, Ricardo Lagares e os irmáns Germán e Manuel Castro Naveira. O diñeiro recadado levávase á Coruña e entregábase a Manuel Rodríguez, un compañeiro asturiano que vivía refuxiado nun bar do barrio de Catro Camiños, que se encargaba de facelo chegar aos compañeiros presos ou ás súas familias. A organización foi desarticulada pola policía o 10 de maio de 1946, os seus compoñentes foron detidos e torturados e Manuel Rodríguez foi asasinado. Entregouse en 1947, foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a 20 anos de prisión. Finou en Tiobre o 3 de xullo de 1956 con 56 anos.[2]

Vida persoal editar

Casou con Consuelo Dopico Méndez e foi pai de Andrés, Manuel, Dolores, Socorro, Consuelo, Ramón, Marsina e Carmen Beade Dopico.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bozzo, Alfonso (1976). "La autodeterminación gallega". Historia 16 (6). 

Ligazóns externas editar


Predecesor:
José Novo Rodríguez
  
Alcalde de Betanzos
 
1933 - 1934
Sucesor:
Víctor Cancela Noguerol
Predecesor:
Víctor Cancela Noguerol
  
Alcalde de Betanzos
 
1936
Sucesor:
Tomás López da Torre