Unión Socialista Galega
A Unión Socialista Galega (USG) foi un partido galeguista e marxista fundado en agosto de 1932 por Xoán Xesús González a partir do Seminario de Estudos Socialistas. Porén, tan só tivo implantación na comarca de Santiago. Tivo como voceiro oficioso o quincenal Amañecer.
Unión Socialista Galega | |
---|---|
Partido político de Galiza | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Xoán Xesús González |
Historia | |
Fundación | 1932 |
Disolución | 1933 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Marxismo, independentismo galego, nacionalismo galego |
Nas eleccións de novembro de 1933 presentou candidatos en todas as provincias como independentes (Xoán Xesús González pola Coruña, Siervo González Rivas por Lugo, Jesús Núñez Rodríguez por Ourense e Francisco Guimarey por Pontevedra) e compartiu mitins cos candidatos do Partido Galeguista.[1] Disolveuse tralo fracaso electoral e o triunfo da dereita, e integrouse en Izquierda Republicana. É considerado o antecedente dos partidos marxistas nacionalistas que apareceron en Galicia nos anos 60.
Notas
editar- ↑ "Unión Socialista Gallega" en El Compostelano, 3-11-1933, p. 1, 3.