Tomás Pérez do Porto

político galego

Tomás Pérez do Porto, coñecido como Asorey, nado en Caraña de Arriba (Tiobre, Betanzos) o 27 de febreiro de 1915 e finado en Betanzos o 30 de decembro de 2000, foi un político galego.

Infotaula de personaTomás Pérez do Porto
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1915 Editar o valor em Wikidata
Caraña de Arriba, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de decembro de 2000 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Betanzos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Familiar de Ramón Beade Méndez. Dependente de comercio. En 1931 participou na creación da Asociación de Empleados de Comercio da UGT de Betanzos. Afiliado á Agrupación Socialista de Betanzos desde outubro de 1934, en maio de 1936 foi elixido secretario xeral da Agrupación. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba facendo o servizo militar destinado no cuartel da Mariña en Ferrol e pasou case toda a querra embarcado. En 1941 estableceu a ferretería El Martillo na Praza do Campo de Betanzos. Militou na organización socialista clandestina de Betanzos que dirixía desde o seu agocho Ramón Beade e formou parte do Comité Pro-presos creado pola organización o 8 de setembro de 1945 para recoller axuda económica para os compañeiros presos e as súas familias, xunto con Ricardo Lagares e os irmáns Germán e Manuel Castro Naveira. A organización foi desarticulada pola policía o 10 de maio de 1946, e os seus compoñentes foron detidos e torturados. Tomás eludiu a detención permaneciendo agochado ata que se entreou en xaneiro de 1947 ante o acoso da policía e a gardia civil á súa familia. Xulgado o 27 de febreiro dese ano, a súa causa foi sobresida, coa obriga de presentarse todos os luns no cuartel da Garda Civil de Betanzos. Seguiu desenvolvendo unha actividade clandestina, aínda que mínima, de contacto e reunións, porén participou nas reivindicacións sociais como na creación da Comisión Pro-Cierre Dominical de Betanzos en 1964. Foi un dos reorganizadores da Agrupación Socialista de Betanzos en 1976, sendo elixido secretario xeral ata 1979, que abandonou o cargo. Encabezou a candidatura do PSOE de Betanzos nas primeiras eleccións democráticas e foi elixido concelleiro, pero dimitiu sen chegar a tomar posesión.[1] Finou en Betanzos o 30 de decembro de 2000.[2]

Vida persoal editar

Casou con María Aurora Gómez Medín e foi pai de Tomás e Carlos Pérez Gómez.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 11-4-1979, p. 30.
  2. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 31-12-2000, p. 57.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar