Tiburón (barco)
O Tiburón foi un petroleiro liberiano de tripulación galega que foi afundido en augas do golfo Pérsico en 1984.
Características do barco
editarO Tiburón era un buque petroleiro, propiedade da empresa suíza Suisse Outre Mer, pero con bandeira liberiana que, naquela época, era a principal bandeira de comenencia para o transporte marítimo de mercadorías. O barco facía a ruta de Al Fujairah, nos Emiratos Árabes Unidos, a Europa, pasando pola illa de Jarq, en Irán, onde cargaba o petróleo.
A súa tripulación estaba composta por 32 homes, na súa maioría galegos, aínda que tamén había alemáns e outros españois. O seu capitán era o alemán Schponagel. Tiña unha capacidade para 260.000 toneladas de petróleo[1].
O ataque
editarO 28 de xuño de 1984, mentres navegaba polo golfo Pérsico, o Tiburón foi alcanzado por un mísil iraquí, no marco da guerra Irán - Iraq, que tivo lugar a comezos dos anos oitenta. O buque atopábase á 1 da tarde a 33 millas da costa iraniana, a 25º18'N e 50º45'E[2], cando recibiu o impacto dun mísil Exocet por popa que foi estourar na sala de máquinas. Nela atopábanse boa parte dos mariñeiros que logo falecerían.
Faleceron nove persoas[3], dos cales seis[4] eran galegos[5], máis un vasco e dous alemáns. Estes son os falecidos galegos:
- Salvador Ruibal Rodríguez, de Marín (mecánico de 26 anos).
- Luis Olegario Cordeiro Alfaya, de Aldán (pañoleiro de 49 anos)
- Antonio Paz Nerga, de Aldán (tripulante de 26 anos)
- Etelvino Duarte Araújo, de Gondomar (tripulante de 34 anos)
- José Roberto López Troitiño, de Cangas (limpador de 30 anos)
- Carlos Samuelle Docampo, de Sabarís (engraxador de 36 anos)
Outros dezaseis tripulantes galegos salvaron a vida. Os mariñeiros galegos foran recrutados pola navieira Líneas Marítimas Meino Von Eitzen, con sede en Vigo.
Notas
editar- ↑ "Siete españoles entre las víctimas del 'Tiburón'", La Vanguardia, 29/6/1984
- ↑ "Mueren 7 marineros españoles en el ataque iraquí a un petrolero en el golfo Pérsico", en El País, 29.06.1984.
- ↑ "Iraq Deals Death at Sea" Arquivado 29 de outubro de 2010 en Wayback Machine., en Time, 9.07.1984.
- ↑ "El Correo hace 25 años" Arquivado 10 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., en El Correo Gallego, 29.06.2009.
- ↑ María Xosé Porteiro, "Mi hijo Salvador no tenía ningún miedo, no sabía el peligro que corría", en El País,29.06.1984.